Diferenzas entre revisións de «Fervenza do Ézaro»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
 
== Características ==
No último treito do río Xallas o desnivel é de 155 metros, e a auga precipítase a 40 metros de altura monte abaixo até se esmagar con virulencia contra as paredes pétreas do [[Canón (xeoloxía)|canón]] que a propia auga arou ao cabo de millóns de anos a través do [[Montemonte Pindo]] (de 630 m de altitude) despois de ducias de metros de caída libre no punto coñecido coma Cadoiro do Xallas ou do Pindo (unha poza de máis de 20 m de fondo), pronunciado na voz popular como ''Coaduiro'' desde os tempos de [[Freifrei Martín Sarmiento]], malia que en tempos máis recentes fose rebautizada coma Fervenza do Ézaro. Estudosos de todo o mundo percorrían milleiros de quilómetros na procura deste espectáculo único da natureza.
 
Textos de 1724 falan xa da fervenza, describíndoa coma unha enorme fumareira que podía ser ollada dende varios quilómetros mar adentro<ref>http://www.montepindo.org/2013/02/como-era-o-monte-pindo-en-1724.html?m=1</ref>.
[[Ficheiro:Ezaro - 01 - Fervenza-Cascada-Waterfall.jpg|dereita|miniatura|350px|Panorámica da fervenza.]]
 
A zona ten unha [[paisaxe]] impoñente de gran valor [[Ecoloxía|ecolóxico]]. A fervenza está rodeada de espectaculares microformas graníticas que forma o [[Montemonte Pindo]], coma a Pedra do Brazal, un milagre de equilibrio natural. A existencia de paraxes cun gran valor ecolóxico coma a área de Vilafernández, salientan pola súa flora e fauna autóctona. Nos arredores da fervenza atopamos especies botánicas únicas en Galicia coma o [[carballo anano]] (''Quercus lusitanica''), unha herba hidrófila chamada ''[[Isoetes longissimum]]'' que ocupa os ríos con augas ben osixenadas, ou a escasa herba carnívora ''[[Drosera anglica]]''. Polo xeral a vexetación é típica de matogueira con [[Ulex|toxos]], [[Erica (xénero)|uces]] e [[queiroa]]s, e con [[Piñeiro bravo|piñeiros]] e [[Carballo común|carballos]] principalmente coma estrato arbóreo.
Respecto da fauna atopamos unha pequena variedade de mamíferos coma [[lebre]]s, [[coello]]s, [[Xabaril|xabarís]], mais hai que destacar a presenza da [[lontra]] ou o [[lobo]], de interese non só natural, senón tamén cultural. No encoro da Fervenza áchanse poboacións de aves de zonas húmidas coma [[Ave rapaz|rapaces]], [[parrulo]]s, [[garza]]s. Son tamén frecuentes aves coma os [[Moucho común|mouchos]] e as [[curuxa]]s. Dos [[anfibio]]s abondan unha gran variedade específica de [[ra]]s especialmente no encoro de Ponte Olveira. No río atopamos sobre todo [[troita]]s e [[Escalo (peixe)|escalos]].
 
O arredores da fervenza, o [[Montemonte Pindo]], e en xeral, a paisaxe de Dumbría, incluíuse coma [[Lugar de importancia comunitaria]] ([[Lugar de importancia comunitaria de Carnota - Monte Pindo|LIC Carnota-Monte Pindo]]), integrada na [[Rede Natura 2000]], e foi declarada en 2004 [[Zona de Especial Protección dos Valores Naturais]]. Con todo polo de agora carece dunha figura de protección xurídica, polo que moitas asociacións intentan que se declare ao Montemonte Pindo [[parque natural]]. En setembro de 2013 declarouse un [[incendio forestal]] de nivel 1 que leva calcinadas unhas 1.000 hectáreas<ref>http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/09/12/incendio-monte-pindo-quemado-1000-hectareas/00031378970517088514163.htm?idioma=galego</ref>.
 
== Aproveitamento da fervenza ==
10.315

edicións