Antoine Busnois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Antoine Busnoys"
 
Moedagalega (conversa | contribucións)
Rexeneración das notas.
Liña 1:
'''Antoine Busnois''', tamén coñecido como '''Antoine Busnoys''', nado na vila [[francesa]] de [[Béthune]]  arredor de [[1430]] e finado o 6 de novembro de[[ 1492]] en [[Bruxas]], na rexión [[Flandres|flamenga]] de [[Bélxica]], foi un [[compositor]] e [[poeta]] de principios do [[Renacemento]] pertencente á [[Escola de Borgoña|escola borgoñoa]][[Renacemento|.]] Aínda que tamén é salientable como compositor de música sacra (particularmente [[Motete|motetes]]), foi un dos máis nomeados compositores profanos do [[século XV]]. Foi a figura principal da escola de Borgoña tardía, logo da morte de [[Guillaume Dufai|Guillaume Dufay.]]<brref>Higgins, Paula. "Antoine Busnuys". En ''[http://www.oxfordmusiconline.com/public/;jsessionid=60A8F08AEE640CAD93758DE849EB2FD3 Grove Music Online]''. Ed. L. Macy.</ref>
]]
 
== Traxectoria ==
É probable que fose discípulo de [[Johannes Ockeghem]] en [[Tours|Tours.]] Cara a [[1460]] estaba na [[Ducado de Borgoña|corte de Borgoña]][[Borgoña|.]] Máis tarde traballou na igrexa de San Salvador de Bruxas, como director dos cantantes, cargo que exerceu ata a súa morte en 1492.<ref>Gleason, Harold et al. [https://books.google.es/books?id=EY87ImIUFOAC&pg=PA99 ''Music in the Middle Ages and Renaissance'']. Alfred Music, 1988. Páxina 99.</ref>
 
== Obra ==
A súa produción máis importante é de cancións profanas: máis de sesenta que se conservan nun manuscrito proveniente da corte de Borgoña, probablemente copiado por el mesmo. A maioría ten textos en [[Lingua francesa|francés]], son a tres voces e utilizan estruturas fixas, sobre todo a de [[rondó]] (a metade delas).
 
No tocante á música relixiosa, consérvanse [[misa (música)|misas]], un [[credo]], [[Himno|himnos]], un magnificat e un [[Motete|motete.]] As misas utilizan a técnica do ''cantus firmus'', e unha delas baséase na soada [[fanfarra]] ''L'homme armé''.<ref>Taruskin, Richard. [http://www.jstor.org/stable/831531 «Antoine Busnoys and the "L'Homme armé" Tradition»]. ''JAMS'', 39 (2):255–293, 1986.</ref>
 
=== Misas ===