Pedro Madruga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 92:
{{cita|'' oyo dezir a muchas personas que dicho Pedralvarez tenia enemistad con el dicho señor patriarca por causa quel dicho señor patriarca fuera en consentimiento e acuerdo con el conde de Ribadabia e con Diego Sarmiento en que degollasen e matasen al dicho Pedro Alvarez y que estando en la villa de Ribadavia juntos (...) enviara el dicho señor patriarca a un onbre con çiertas cartas a Ribadavia para el dicho Diego Sarmiento e que llegando el dicho onbre (...) encontrara con el dicho Pedro Alvarez e le pescusara por Diego Sarmiento e quel dicho Pedro Alvarez le dixera: Yo soy, e quel dicho onbre le diera las dichas cartas (...) e por el aviso dellas el dicho Peralvarez matara al dicho Diego Sarmiento e quedara dende alli enmigo del patriarca...''}}
 
Hai autores que defenden que esta brutal reacción do señor de Soutomaior se inxire directamente baixo o tecido político e de intereses da nobreza galega. Por unha banda eliminaba un rival directo polo control do sur de GalcizaGaliza, a inimizade Soutomaior-Sarmiento é de sobra coñecida; mesmo tentou atrapar no castelo tanto os cabaleiros afectos a don Diego Sarmiento de Soutomaior como o arcebispo Fonseca. Por outra banda, establecía a ruptura oficial do pacto señorial imperante en Galicia para lles facer fronte aos irmandiños. Pedro Madruga erixírase coma o antifonseca máis pertinaz, líder indiscutible da bandeiria (onde podemos destacar os Moscoso) que se formará na contra da sé compostelá.
 
Unha terceira sorte de beneficio para a figura de don Pedro foi o extremo da represalia contra os labregos levantadizos. A hipótese que algún autor baralla estriba no achegado da revolta irmandiña, como querendo castigar tamén polo acontecido ou soliviantando os ánimos para unha posible resposta campesiña.