Equidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: A '''equidade''', é unha figura xurídica de enorme importancia na resolución de conflitos para os que non existe lei aplicable. O termo ''equidade'' v...
 
Liña 12:
Un exemplo gráfico axuda a comprender cómo se articula a formulación xeral deste principio. Se o dereito de igualdade obriga a considerar, por exemplo, que homes e mulleres son iguais ante a lei, equiparalos en todas as situacións sería o correcto, mais moitas veces non sería o '''xusto'''. Non sería xusto, por exemplo, que homes e mulleres competiran nunha mesma carreira deportiva. Homes e mulleres teñen dereito a participar, pero o fan en carreiras distintas. Do mesmo xeito, desde a óptica da igualdade, sería correcto que todos pagasen os mesmos impostos, pero non sería xusto nun [[Estado social]] que pobres e ricos pagasen exactamente o mesmo. A equidade permite que paguen máis os que máis gañan.
 
Deste modo, o principio de igualdade, sancionado por todas as [[constitución|constitucións]] modernas, non é tan sagrado como cabe supoñer. O principio de equidade é tanto ou máis importante, pois como dicimos, atempera o principio de igualdade, e do artellamento de ambos os dous principios haberá que ''tratar igual aos iguais e desigual aos desiguais''. A cuestión, moito máis delicada, será determinar en qué consiste a desigualdade, cuantitativa ou cualitativamente, e achar a solución equitativa correspondente. En efecto, moitasé tan inxusto a non aplicación da equidade como a súa aplicación por exceso. Moitas veces pode apreciarse tanto situacións inxustas por esquecerse este principio, ou, ao contrario, producirse unha sobreprotección a determinadas situacións.
 
A equidade é o que xustifica e fundamenta as fórmulas de [[discriminación positiva]], hoxe en día moi importantes desde a perspectiva das políticas de [[xénero]] .
 
==Véxase tamén==