Diferenzas entre revisións de «Hans Küng»

m (robot Añadido: is:Hans Küng)
Na súa obra ''Ser Cristiano'', de gran éxito editorial, Küng defende que o cristián é aquel que vive a súa humanidade sociabilidade e relixiosidade a partir de [[Xesús de Nazareth]]. Este segue a ser un modelo básico e verificable de vivir a vida en todas as súas facetas. O cristián ha de loitar contra o sufrimento e a dor, sabendo que, no baleiro e o absurdo, pode contar coa solidariedade de Deus.
 
A seu outro gran traballo, ''¿Existe Deus?'', repasa o concepto de Deus nos grandes pensadores a partir de [[Descartes]] e confronta a idea cristiá de Deus co [[ateísmo]] contemporáneo, especialmente a partir de [[Friedrich Nietzsche]], [[Ludwig Feuerbach]], [[Karl Marx]] e [[Sigmund Freud]]. O Deus cristián non é un Deus do alén a costa da grandeza do home (teoría da proxección e Feuerbach ou do superhome de Nietzsche), senón Aquel que afirma radicalmente a dignidade de todos e cada un, especialmente dos febles e dos marxinados. Non é tampouco o Deus dos dominadores que xustifica a inxustiza (teoría do opio de Marx), senón o Deus que esixe a [[equidade]] e a transformación social máis radical a prol do ben común. Finalmente, tampouco coincide cun neurotizante super-eu, froito da sublimación do impulso sexual reprimido e dos complexos infantís (teoría da ilusión de Freud), senón o Deus creador que afirma a vida e o Pai que busca a plena realización da persoa.
 
Para Küng, a fe en Deus non pode ser demostrada, pero si afirmada como algo razonable que permite confiar, fronte ao [[nihilismo]], nunha orixe, un sustento e un fin á realidade. Sen a fe en Deus, afirma, non é posible descansar nunha racionalidade orixinaria. Considera o ateísmo como ameazado polo nihilismo, porque ningún paso illado ten sentido se todo o camiño é absurdo. A afirmación da nada como orixe e como meta é unha posibilidade vital inauténtica.
209

edicións