Karl Jaspers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o substantivo "diferencia(s)".
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
A insatisfacción de Jaspers co entendemento popular das doenzas mentais levouno a cuestionar tanto o criterio de diagnóstico como os métodos clínicos da psiquiatría. Publicou un tratado revolucionario en [[1910]], que versaba sobre se a [[paranoia]] era unha faceta da personalidade ou o resultado de cambios biolóxicos. Se ben non achegou moitas ideas novas, si introduciu un novo método de estudo. Jaspers estudou varios pacientes en detalle, rexistrando información biográfica respecto deles e notas de como se sentían os propios pacientes acerca dos seus [síntomas. Isto chegou a ser coñecido como o método biográfico, e hoxe forma parte da práctica da psiquiatría moderna.
 
Jaspers desenvolveu por escrito as súas perspectivas das doenzas mentais nun libro chamado Psicopatoloxía Xeral. Os dous volumes que conforman esta obra transformáronse en clásicos da literatura psiquiátrica, e moitos criterios modernos de diagnóstico nacen de ideas contidas nas súas páxinas. Resulta de particular importancia o modo en que Jaspers encarou o diagnóstico psiquiátrico de síntomas; segundo el, o criterio de diagnóstico debía tomar en conta principalmente a forma fronte o contido. Por exemplo, ao diagnosticar unha alucinación, o feito que unha persoa experimente fenómenos visuais sen mediar estimuloestímulo sensorial para iso (a forma), é máis importante que o que o paciente ve (o contido).
 
Jaspers sentía que a psiquiatría debía diagnosticar os delirios da mesma forma. Argumentou que os clínicos non deberían considerar unha crenza de delirio baseado no contido da crenza, senón só baseado na maneira en que o paciente defende esa crenza. Jaspers ademais distinguiu entre os delirios primarios e secundarios. Definiu os primarios como ''autóctonos'', é dicir, que aparecen sen unha causa aparente, sendo incomprensibles en termos dun proceso mental normal (este é un uso distinto do que se lle dá ao concepto autóctono en medicina ou en socioloxía, no que fai referencia a poboacións indíxenas). Os delirios secundarios, por outra parte, son clasificados como influenciados polos antecedentes da persoa, situación actual ou estado mental.
Liña 31:
Jaspers tamén escribiu extensamente sobre a ameaza que representa para a liberdade humana a ciencia moderna e as institucións políticas e económicas modernas. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] tivo que deixar o seu posto de profesor xa que a súa esposa era xudía. Unha vez rematada a guerra puido retomar o seu posto, e na súa obra ''A cuestión da culpabilidade alemá'' examinou a culpabilidade de Alemaña como un todo nas atrocidades cometidas polo [[Terceiro Reich]] de [[Adolf Hitler]].
 
As obras máis importantes de Jaspers, extensas e detalladas, poden ser desalentadoras pola súa complexidade. O seu gran e último intento nunha filosofía sistemática de Existenz, chamada "Von der Wahrheit" (Da verdade), aínda non foi traducida a outros idiomas. Sen embargoPorén, tamén escribiu obras máis breves, accesibles e entretidas, como a notable ''A filosofía é para calquera''.
 
Os comentaristas frecuentemente comparan a filosofía de Jaspers coa do seu contemporáneo [[Martin Heidegger]]. De feito, ambos buscaron explorar o significado do ser e a existencia. Se ben é certo que mantiveron unha breve amizade, a súa relación foise distanciando, debido á simpatía de Heidegger co partido nacionalsocialista e, ademais polas, probablemente sobredimensionadas, diferenzas filosóficas entre ambos.