Diferenzas entre revisións de «Revolución Rusa de 1917»

m
fame éfeminino, posición do pronome detrás de 'onde'
m (fame éfeminino, posición do pronome detrás de 'onde')
 
=== Situación económica a raíz da Revolución de Outubro ===
A [[Primeira Guerra Mundial]] afectou moito a Rusia, levándose gran parte dos seus recursos. Nas zonas rurais, non había posibilidade de comprar bens de consumo a cambio do gran, e os agricultores xa deixaran de fornecer ás cidades, ata antes da [[Revolución de Febreiro]]. Xa o Goberno provisional de Kerenskii procedera a requisar de xeito forzado as existencias de alimentos para garantir o fornecemento das cidades, onde a fame presentousese presentou. Ao chegar ao poder os bolxeviques, intentaron abandonar estas prácticas impopulares, pero polo empeoramento da saúde e a situación económica, víronse obrigados a utilizalas de novo.
 
A produción industrial viuse socavada pola [[guerra]], as [[folga]]s e os [[peche patronal|peches patronais]]. Ata antes da chegada dos bolxeviques ao poder, xa caera en tres cuartas partes.<ref>[[Nicolas Werth]], ''L'URSS de Lénine à Staline, Que Sais-Je?'', 1998, p. 17.</ref> A situación económica, evidentemente, non mellorou trala invasión da rica [[Ucraína]] polas tropas alemás, nin tralo embargo imposto a Rusia en 1918 polas grandes potencias (Estados Unidos, Gran Bretaña, Francia, Alemaña e Xapón), nin polo comezo da [[Guerra Civil Rusa|guerra civil]].
 
=== A entrada en verea dos competidores revolucionarios ===
A partir do [[9 de xaneiro]] de [[1918]], comezouse a suscitar o traslado da capitalidade e do goberno a [[Moscova]], mentres que as negociacións de paz cos alemáns atopábanse en desenvolvemento en Brest-Litovsk. O traslado do Goberno, efectivo en marzo, debeuse á posibilidade de que os barrios obreiros de Petrogrado, sufridoressufrindo depola fame e exasperados, levantásense de novo, pero esta vez contra o poder xurdido na [[Revolución de Outubro]]. As ofensivas alemás e [[Movemento Branco|brancas]] non influíron nesta decisión. Igualmente, os bolxeviques buscaban demostrar aos seus opositores que o seu poder podía sobrevivir lonxe do seu Petrogrado de orixe.
 
O [[27 de marzo]] de [[1918]], a Cheka comezou a ocuparse dos delitos de prensa, recruando considerablemente a censura sufrida pola prensa non bolxevique.
A recuperación do Partido Social-Revolucionario de Esquerda e dos anarquistas inquietaba ao poder: naqueles lugares onde aínda se celebraban eleccións locais libres, estes obtiñan máis da metade dos votos. Como reacción, entre maio e xuño de 1918, 205 xornais socialistas pecháronse e a Cheka disolveu por fórzaa decenas de soviets socialrevolucionarios ou menxeviques, os cales foran elixidos legalmente. O 14 de xuño de 1918, os menxeviques e os socialrevolucionarios de esquerda foron expulsados do Comité Panruso dos Soviets, pasando a estar formado este soamente por bolxeviques. O 16 de xullo, o xornal de [[Máximo Gorki]], ''[[Nóvaya Zhizn|A Nova Vida]]'', foi prohibido pola policía política.
 
Nas cidades, a situación alimentaria continuaba sendo explosiva. Os bolxeviques non puideron máis que retomar as retencións obrigatorias efectuadas por destacamentos armados de cidadáns, algo que provocou que os campesiños levantásense contra o poder urbano, ao mesmo tempo que se afastaban do partido aqueles a quen o ''Decreto da Terra'' achegara ás posicións bolxeviques. Cento cincuenta revoltas campesiñas foron reprimidas en toda Rusia en xullo de 1918 e en decenas de cidades a Cheka e algúns membros da Garda Vermella cargaron as marchas doda fame, fusilando aos folguistas e disolvendo as reunións populares.
 
O [[peche patronal]] das fábricas nacionais converteuse nun novo medio de represión das folgas. O 20 de xuño de 1918, como medida de represalia polo asasinato do responsable bolxevique [[Vladímir Volodarski]], oitocentos líderes obreiros foron arrestados en Petrogrado en apenas dous días e o seu soviet disolto. O 2 de xullo, os obreiros responderon cunha folga xeral, pero foi en balde.
179.837

edicións