Serra da Enciña da Lastra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
| Teléfonos de interese =
}}
O '''Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra''' é unha paraxe protexida que comprende a contorna da '''Serraserra da Enciña da Lastra''', unha das [[serras orientais de Galiza]]. Está situado na zona nordés da [[provincia de Ourense]], no concello de [[Rubiá]], [[comarca de Valdeorras]], xusto no límite coa comarca do [[Bierzo]]. Foi declarado [[Parque natural]] no ano [[2002]]. Ten unha extensión de 3151,67 [[ha]] e unha altitude media de 684 m.
 
O parque abrangue a serra e un [[val]] [[Calcaria|calcario]] de pendentes pronunciadas e [[cantil|cantís]] entre os que destacan a [[Penapena Falcoeira]], o [[Valval do Inferno]] ou os [[Penedospenedos de Oulego]]. O [[río Sil]] discorre durante uns catro quilómetros polo extremo oriental do parque, remansado nese tramo polo encoro de Penarrubia. O outro curso de auga permanente é o [[río Galir]], alén da existencia doutros regatos estacionais.<ref>[http://www.cmati.xunta.es/seccion-organizacion/c/DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Espazos_protexidos/Rede_galega/Parques_naturais/seccion.html&std=Serra_da_Encinha_da_Lastra.html Serra da Enciña da Lastra] na web de Parques Naturais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza ([[Xunta de Galicia]]), consultada o 27 de maio de 2014</ref>
 
Os puntos de máxima altitude da serra son [[O Piornal]], con 1529 metros sobre o nivel do mar e a [[Penapena Tara]], con 1089 metros, nos Penedospenedos de Oulego.
 
Área de especial interese faunístico e florístico pola seu carácter limítrofe entre a [[rexión mediterránea]] e a [[rexión eurisiberiana|eurosiberiana]], o parque abrangue a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia, con números endemismos de ámbito reducido. Posúe tamén destacadas poboacións de [[ave rapaz|aves rapaces]], entre as que destaca a presenza do [[voitre branco]], [[aguia real]] e [[falcón peregrino]]. A menor dureza do solo calizo propiciou a formación de abundantes [[cova]]s - que aquí se denominan [[Pala (espeleoloxía)|palas]] - que acubillan importantes colonias de [[morcego]]s, das máis importantes de Galicia. Outro punto de interese radica na presenza de pasteiros mediterráneos característicos de zonas rochosas de montaña.
Liña 26:
 
== Xeoloxía ==
Os terreos de natureza [[calcaria]], moi restrinxidos a nivel galego, atópanse principalmente na Serra da da Enciña da Lastra onde forman unha unidade coas áreas veciñas do [[Bierzo]], que se inclúe xeográficamente na zona xeolóxica ástur-occidental leonesa. Trátase do dominio da denominada calcaria da Aquiana, de tipo marmóreo e natureza recifal, estratificación pouco marcada e en ocasións totalmente dolomitizada.(ref) Debido á súa natureza, estas calcarias presentan restos fósiles de briozoos e outros organismos do período ordovícico, testemuñas dunha época en que esta zona se encontraba somerxida baixo o mar. A área é altamente singular no ámbito galego, desde os puntos de vista xeomorfolóxico, ecolóxico e paisaxístico, polo gran desenvolvemento, extensión e pendente que alcanzan os cortados calcarios, que chegan a superar os 200 m de altura e teñen a súa mellor representación no '''Estreitoestreito do Covas''', na '''Penapena Falcoeira''' e nos '''Penedospenedos de Oulego'''. Así mesmo, aquí atópase o mellor exemplo de morfoloxía cárstica de Galicia, albergando a maior rede de covas e simas da Comunidade Autónoma, entre as que destacan as existentes nas inmediacións de Covas e Biobra, non afectadas polo encoro. Por outra parte, a parte inferior das vertentes da serra está constituída por lousas e cuarcitas. A este nivel, son elementos xeomorfolóxicos relevantes os conos de dexección e os depósitos detríticos de lousas, cuarcitas e calcarias, presentes en Covas e no seu contorno. A elevada singularidade do espazo natural foi tida en conta polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España ao incluír parte da área no Punto de Interese Xeolóxico "Minas de Pintura" (PIG OR-3), que, ademais dun depósito presilúrico de limonita situado en Pardollán, de elevado interese estratigráfico, inclúe o Estreitoestreito de Covas e o macizo calcario de Penarrubia.
 
== Flora e fauna ==
Liña 39:
Entre a vexetación arbórea e arbustiva predominan os [[aciñeira]]is de carácter calcícola, que recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galicia. Están caracterizados pola aciñeira. E o [[érbedo]] acompañados por arbustos mediterráneos como ''[[Genista hystrix]]'', o [[aderno de folla estreita]] (''[[Phillyrea angustifolia]]'') ou o [[escornacabras]] (''[[Pistacia terebinthus]]''), e, dependendo da altura, da profundidade dos solos e da orientación, pola [[sobreira]], a [[abeleira]], e o [[cancereixo]], e en cuxos claros aparecen a [[lavanda]] e diferentes especies de [[xara]]s. Tamén característicos da zona son os espiñeirais que aparecen nas orlas dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos espiñosos e plantas rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os que cabe significar diferentes especies de [[cerdeira]]s, [[abruñeiro]]s, [[escornacabras]], [[estripeiro]]s, [[Rosa canina|roseiras bravas]] e [[Silva (botánica)|silvas]].
 
Presentan tamén un grande interese os [[salgueiro|salgueirais riparios]], que, a pesar de se atoparen limitados pola influencia do encoro de Penarrubia, se corresponden cunha asociación propia do tramo do Sil a cabalo das provincias de [[provincia de Ourense]] e [[provincia de León]], na que se dá unha gran variedade de salgueiros, acompañados polo [[lodoeiro]], o [[freixo]], e o [[Amieiro|ameneiro]]. Pola súa parte, os vellos [[Souto (botánica)|soutos]] de [[castiñeiro]]s contan cunha notable extensión e están ben implantados nos arredores de aldeas, como en Oulego, [[Covas, Rubiá|Covas]], [[Biobra, Rubiá|Biobra]] ou [[Pardollán, Rubiá|Pardollán]], conservando exemplares centenarios.
 
=== Fauna ===