Abade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado categoría
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Template-Abbot - Provost.svg|miniatura|Insignias abaciais para brasón de armas dun abade]]
 
Un '''abade'''<ref>Tamén recibe ese nome o sacerdote titular dunha parroquia, fonte: Dicionario da Real Academia Galega</ref> (do [[arameo]] ''abba'' "'pai"', a través do [[Lingua grega|grego]] ''abbás'' e o [[Lingua latina|latín]] ''abbateabbăte'') é o superior dunha comunidade de [[monxe]]s. Na [[Igrexa Ortodoxaortodoxa]] recibe o nome de ''hegumenos'' ou ''arquimandrita''. En [[Lingua galega|galego]] a superiora dunha comunidade de freiras denomínase [[abadesa]] (do latín ''abbătissa'').
 
O título ten a súa orixe nos [[mosteiro]]s de [[Siria]], axiña esparexidos no [[Oriente Medio]] e [[Europa]]. Ao primeiro era un título de respecto dado a todos os monxes, pero axiña quedou restrinxido ao superior. O título de abade é de uso xeral nas ordes monásticas occidentais, aínda que en ordes como os [[Orde dos dominicanos|dominicanos]], [[Orde do carmel|carmelitas]] e [[Orde dos agostiños|agostiños]] recibían o nome de ''Praepositus'', ''Provost'', e ''Prior'', e entre os [[Orde de San Francisco|franciscanos]] ''Custos''.
 
En [[Exipto]] o abade non tiña definida a súa xurisdición; ás veces rexía unha comunidade, outras varias. A partir da [[Regra de San Bieito]] o abade só ten a xurisdición sobre unha soa comunidade. Isto cambiou coa creación da [[Orde cluniacense]], cando se recoñeceu a existencia dun abade supremo que exerce xurisdición sobre todas as casas dunha orde.