Farelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:WheatBran.jpg|250px|miniatura|Farelo de trigo.]]
[[Ficheiro:Salvado de avena.jpg|miniatura|Farelo de avea.]]
O '''farelo''' (do [[latín vulgar]] *''farellu'', derivado do [[Lingua latina|latín]] ''far'', ''farris'' ‘especie de trigo’) é a parte envolvente dos grans de [[cereal|cereais]] que se separa da [[fariña]] despois da [[moenda]]. Tradicionalmente separábase para obter unha fariña máis branca e, consecuentemente, un pan tamén máis branco porque parecía de máis calidade. Hoxe en día, co desenvolvemento das Cienciasciencias da [[Nutriciónnutrición]], recoñécese o seu valor nutritivo polo seu contido sobre todo rico en [[Fibra alimentaria|fibra]]. Adoita tomarse só ou mesturado con líquidos ou iogur para facilitar o tránsito [[intestino|intestinal]].
 
== Composición ==
O '''farelo''' é o resultado dun proceso de [[peneira]]do da fariña despois da moenda dos grans de cereais. Está formado polo envoltorio dos grans, que conta con cinco capas que, desde fóra para dentro, son:
# A codia da caixa, a [[cutícula vexetal|cutícula]].
# A segunda, o epicarpo.
# A terceira, o endocarpo.
# A cuarta, o tegumento.
# A quinta e máis interna, a aleurona.
 
O '''farelo''' contén [[celulosa]], [[polisacárido]]s, [[proteína]]s, [[graxa]], [[mineral|minerais]] e [[auga]]. Supón preto do 15% en peso do cereal.