Guerra civil chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 145:
== Insurxencia comunista (1927-1937) ==
[[Ficheiro:National Revolutionary Army artillery.png|miniatura|esquerda|Tropas do ENR disparando artillería contra as forzas comunistas]]
Durante a década de 1920, os activistas do PCCh refuxiáronse na clandestinidade ou fuxirón o campo, onde fomentaron unha rebelión armada. A rebelión do PCCh contra o goberno nacionalista comezou o 1 de agosto de 1927 en [[Nanchang]], [[Jiangxi]].<ref name=Nanchang/><ref name="Lee">Lee, Lai to. Trade Unions in China: 1949 To the Present. [1986] (1986). National University of Singapore Press. ISBN 9971-69-093-4.</ref> Do levantamento de Nanchang xurdiu a formación dun exército rebelde comunista, o [[Exército Vermello dos Traballadores e Campesiños Chineses]], que máis tarde se convertería no [[Exército Popular de Liberación]]. O 4 de agosto, as forzas do Exército Vermello abandonaron Nanchang e dirixíronse cara ao sur nun ataque contra Guangdong. As forzas gobernamentais rapidamente recuperaron Nanchang mentres as forzas rebeldes escapaban ao campo.<ref name=Nanchang/> Unha reunión do PCCh o 7 de agosto confirmou a intención do partido de tomar o poder pola forza, seguida por unha violenta campaña anticomunista do goberno de Wang Jingwei en Wuhan a partir do 8 de agosto. O 14 de agosto, Chiang Kai-shek ante a falta de apoios por parte da xunta militar de [[Nanjing]] retirouse á súa aldea natal. Máis adiante o PCCh fixo outros intentos para tomar as cidades de Changsha, Shantou e Guangzhou. O Exército Vermello formado por soldados amotinados do antigo Exército Revolucionario Nacional (ERN), así como [[campesiño]]s armados estableceu o control ao longo de varias áreas do [[sur da China]].<ref name="Lee" /> Mentras tanto as forzas do KMT seguian tentando acabar coas rebelións.<ref name="Lee" /> Entón, en setembro, Wang Jingwei foi forzado a saír de Wuhan e o 7 de setembro produciuse unha insurrección armada sen exito coñecida como a [[revolta da colleita do outono]], liderada por [[Mao Tse Tung]].<ref name="Blasko">Blasko, Dennis J. [2006] (2006). The Chinese Army Today: Tradition and Transformation for the 21st Century. Routledge. ISBN 0-415-77003-3.</ref>
{{historia en progreso}}