Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Situación económica a raíz da Revolución de Outubro: peche é o máis parecido que aparece no DRAG
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 278:
Asinouse un [[armisticio]] o [[15 de decembro]] e os debates sobre a paz comezaron o [[22 de decembro]], sendo comandada a delegación rusa por Trotski, que fixo publicar todos os tratados secretos e acordos sobre cambios territoriais alcanzados previamente entre ambas potencias. As esixencias alemás foron enormes: Polonia, Lituania e Bielorrusia debían pasar a estar baixo ocupación alemá. Iniciouse así un acalorado debate no seo do partido bolxevique, onde se confrontaban tres sitúes. Uns, como Bukharin, defendían a necesidade dunha guerra revolucionaria, Lenin opinaba que había que dar o brazo a torcer, e Trotski, que venceu na votación con nove votos a favor por sete en contra, propuxo rexeitar a firma dunha paz que levara cambios territoriais pero que si que había que declarar o fin da guerra.
 
Como resposta, o exército alemán lanzou unha ofensiva o 17 de xaneiro, avanzando rápidamenterapidamente en Ucraína. A posición de Lenin, favorable á firma inmediata da paz, foi gañando adeptos dentro do partido, pero os alemáns endureceron as condicións do tratado de paz. O [[3 de marzo]] de [[1918]], os bolxeviques asinaron o [[tratado de Brest-Litovsk]], polo cal Rusia perdía o 26% da súa poboación, o 27% da súa superficie cultivada e o 75% da súa produción de aceiro e de ferro. A situación económica da nova república soviética, xa agravada por unha guerra mortuoria que durara catro anos, presentábase desesperante.
 
=== A creación da Cheka ===