Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎A insurrección: si non pode ser; sería 'se' ou 'que'
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 214:
Ao tomar o poder en Petrogrado, Lenin e Trotski non tiñan ningunha intención de construír o socialismo só en Rusia, subdesenvolvida e atrasada. Esperaban ser a primeira vitoria obreira dunha serie de revolucións nos países industrializados de Europa, que permitiría á revolución sobrevivir. Baseábanse, en particular, en Alemaña, a primeira potencia industrial do continente e fogar do [[movemento obreiro]] máis forte e coa organización máis antiga do mundo. Trotski dixo no Segundo Congreso dos Soviets que aprobou a revolución: «Ou ben a Revolución rusa aumentará o torbelliño da loita no oeste, ou os capitalistas de todos os países asfixiarán a nosa revolución».
 
Con todo, non foi ata un ano despois, cando unha onda revolucionaria que estalou en Alemaña (desembocando na [[Revolución de Novembro]]) e en [[Hungría]] (onde se instaurou a [[República Soviética Húngara]], dirixida por [[Bela Kun]] e que perdurou por 133 días). Na veciña [[Finlandia]], a revolución foi derrotada en marzo de 1918, no transcurso dunha [[Guerra civil finlandesa|guerra civil]], onde o «terror branco», con axuda de [[Imperio Alemán|Alemaña]], deixou 35.000 mortos. En xaneiro de 1919 os socialdemócratas alemáns pediron axuda aos [[Freikorps]] para reprimir a revolución obreira, sendo asasinados [[Karl Liebknecht]] e [[Rosa Luxemburg]], dirixentes [[Liga Espartaquista|espartaquistas]]. Entre 1919 e 1920, outros países como [[Reino de Italia (1861-1946)|Italia]] experimentaron folgas insurrectas. Noutros lugares, como en [[Terceira República Francesa|Francia]], o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|Reino Unido]] ou os [[Estados Unidos]], produciuse unha onda de folgas e manifestacións que non desembocaron en ningún intento revolucionario.
 
A ouleadavaga revolucionaria, máis tardía do previsto, terminou por retroceder, e o poder bolxevique permanecía illado como nos seus primeiros días. Os bolxeviques enfrontábanse en solitario aos inmensos problemas dunha Rusia en explosión, onde a súa toma solitaria do poder non gozaba dunha aprobación unánime.
 
=== Situación económica a raíz da Revolución de Outubro ===