Diferenzas entre revisións de «Revolución Rusa de 1917»

→‎A insurrección: dous "que" seguidos e sobre un
(→‎A insurrección: dous "que" seguidos e sobre un)
Os debates no seo do [[Comité central]] do Partido bolxevique co obxectivo de que este organizase unha insurrección armada e tomase o poder eran cada vez máis intensos. Algúns en torno a [[Lev Kámenev|Kámenev]] e [[Grigori Zinóviev|Zinóviev]] consideraban que aínda había que esperar, porque o partido xa estaba asentado na maioría dos [[soviet]]s, e atoparíase, segundo a súa opinión, illado en Rusia e en Europa si tomaba o poder de xeito individual e non dentro dunha coalición de partidos revolucionarios. Lenin e Trotski conseguiron superar estas reticencias internas e o Comité aprobou e pasou a organizar a insurrección que Lenin fixou para a véspera do Segundo Congreso dos Soviets, que debía reunirse o [[25 de outubro]].
 
Creouse un [[Comité Militar Revolucionario]] no seo do [[Soviet de Petrogrado]], sendo dirixido por Trotski, presidente do mesmo. Compoñíase de obreiros armados, soldados e mariñeiros. Aseguraba o apoio ou neutralidade da guarnición militar da cidade e a preparación metódica da toma dos puntos estratéxicos da cidade. A preparación do golpe fíxose practicamente á vista de todo o mundo, xa que todos os plans que se ofreceron a Kámenev e Zinóviev podíanse atopar dispoñibles nos xornais, e o propio Kerenskii soamente esperaba que o enfrontamento final que terminase coa situación.<ref>''1917'', documental emitido na canle Arte o 7 de novembro de 2007.</ref>
 
[[Ficheiro:Milrevkom proclamation.jpg|miniatura|Misiva do [[Comité Militar Revolucionario]] de [[Petrogrado]] anunciando a deposición do [[Goberno Provisional Ruso|Goberno provisional]].]]
179.287

edicións