Diferenzas entre revisións de «Revolución Rusa de 1917»

m
→‎Ebulición popular, explosión campesiña e crecemento dos bolxeviques: discutible tradución de maitres por mestres aquí.
m (→‎O levantamento de Kornilov: fame é feminino, e contemplar non vén no DRAG)
m (→‎Ebulición popular, explosión campesiña e crecemento dos bolxeviques: discutible tradución de maitres por mestres aquí.)
Todas as eleccións foron testemuño do crecemento bolxevique: así, nas eleccións de [[Moscova]], entre xuño e setembro, o [[Partido Social-Revolucionario|PSR]] pasou de 375.000 a 54.000 votos, os [[menxevique]]s de 76.000 a 16.000 e o [[Partido Democrático Constitucional|KD]] de 109.000 a 101.000 sufraxios, mentres que os bolxeviques aumentaron de 75.000 a 198.000 votos. O lema «Todo o poder para os soviets» foi utilizado máis aló do ámbito bolxevique, sendo usado por obreiros do PSR ou polos menxeviques. O [[31 de agosto]], o [[Soviet de Petrogrado]] e outros 126 soviets votaron unha resolución en favor do poder soviético.
 
A revolución continuaba e acelerábase, especialmente nas zonas rurais. Durante o verán de 1917, os agricultores adoptaron medidas, tomando as terras dos señores, sen esperar á prometida reforma agraria e atrasada de forma constante polo Goberno. O campesiñado ruso, de feito, regresou á súa longa tradición de grandes levantamentos espontáneos (os ''bunts''), que xa marcaran o pasado nacional, como as revoltas protagonizadas por [[Stenka Razin]] no [[século XVII]] ou [[Yemelián Pugachov]] en tempos de [[Catarina II de Rusia|Catarina II]]. Non sempre violentas, estas ocupacións masivas de terras foron a miúdo o escenario de levantamentos espontáneos onde as propiedades dos mestresamos eran queimadas, chegando eles mesmos a ser maltratados ou asasinados. Estes inmensos levantamentos campesiños, sen dúbida os máis importantes da historia europea, conseguiron que as terras compartísense sen que o goberno condenase nin ratificase o movemento.
 
Sabendo que a «repartición negra» (nome da antiga organización [[narodnik|naródnik]] ''[[Repartición Negra]]'') estaba cumpríndose nos seus pobos, os soldados, de orixe maioritariamente campesiño, desertaron en masa co fin de poder participar a tempo na nova distribución das terras. A acción da propaganda pacifista e o desalento tralo fracaso da última ofensiva do verán fixeron o resto. As trincheiras baleiráronse aos poucos.
179.263

edicións