Andreu Nin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 14:
Formou parte da [[Alianza Obrera]] e colaborou nos [[Folga xeral revolucionaria de 1934|sucesos de outubro de 1934]] en [[Cataluña]]. Ao fusionarse o seu grupo co [[Bloc Obrer i Camperol]] para fundar o [[POUM]] ([[Partido Obrero de Unificación Marxista]]) (1935), foi nomeado membro do comité executivo do novo partido e director da súa publicación, ''La Nueva Era''. Foi tamén elixido secretario xeral da “[[Federación Obrera de Unidad Sindical]]” ([[FOUS]]) en maio de 1936.
 
Ao estoupar a [[Guerra Civil Española]] converteuse no máximo dirixente do POUM e, tras formar parte do Consell d'Economia de Catalunya (entre agosto e setembro de 1936), foi conselleiro de xustiza e dereito da constituída [[Generalitat de Cataluña|Generalitat]] (ata nadal dese ano) ata que o destituíron debido ás presións comunistas.
 
Finalmente, a medida que as tensións antitrotskistas fixéronse máis evidentes, azuadas polo [[PCE]] e o [[PSUC]] (rama catalana do partido comunista), e tralos [[sucesos de maio de 1937]] en [[Barcelona]], foi detido pola policía política soviética ás ordes de [[Stalin]], que actuaba clandestinamente na zona republicana coa conivencia dos mandos comunistas na policía e o goberno (xuño de 1937). Foi o día 16 de xuño (o mesmo día que foi declarado ilegal o POUM) cando a policía detivo a Andreu Nin xunto con [[Julián Gómez]] (“Gorkin”), Enric Adroher, Jordi Arquer e outros dirixentes do [[POUM]]. As ordes das detencións estaban asinadas polo xefe superior de Policía, pero de seguida fixéronse cargo dos detidos os servizos de seguridade soviéticos, que os levaron a Madrid, á checa da rúa Atocha, instalada nunha igrexa. A Nin se lle separou dos seus compañeiros dende o comezo e foi trasladado a [[Madrid]] e, dende alí, a [[Alcalá de Henares]], onde foi interrogado pola policía secreta os días 18, 19 e 20 de xuño. Pese ás torturas de [[Orlov]] e os seus homes, Andreu Nin negou toda complicidade de espionaxe fascista. Sacado irregularmente do cárcere de Alcalá, foi levado a un pequeno chalet ás aforas da cidade. Este chalet ía ser escenario dunha das montaxes estalinistas máis chapuceiras. Un grupo de soldados alemáns das [[Brigadas Internacionais]], aparentando ser homes da [[Gestapo]], entraron no chalet coa intención de rescatar a Nin. No forcexeo dos presuntos nazis cos gardiáns de Nin caeu oportunamente unha carteira que contiña documentación alemá, insignias nazis e billetes españois do bando franquista. Esta representación era co gallo de demostrar que Nin tiña relación co bando fascista, e que fora rescatado por eles. Esta versión foi tida como a verdadeira oficial do partido [[PCE]]. Mais na realidade, [[Orlov]] e os seus homes torturaron, asasinaron e enterraron o cadáver nalgún lugar de [[Alcalá de Henares]] que segue sen se descubrir.