Guerra civil chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 122:
|cor =
}}
A '''guerra civil chinesa''', foi unha [[guerra civil]] que tivo lugar na [[República Popular da China|China]] entre as forzas leais ao [[Kuomintang]] (ou Partido Nacionalista Chinés) (KMT), que [[Goberno nacionalista|gobernaban]] na [[República da China]] e as forza leais ao [[Partido Comunista da China|Partido Comunista Chinés]] (PCCh).<ref name="gk">Gay, Kathlyn. [2008] (2008). 21st Century Books. Mao Zedong's China. ISBN 0-8225-7285-0. pg 7</ref> Este [[conflito]] iniciouse en agosto de [[1927]] despois da [[Expedición do Norte]], dirixida polo xeneralísimo [[Chiang Kai-shek]], e, esencialmente, terminou cando cesaron as grandes hostilidades en [[1950]].<ref name="Hutchings">Hutchings, Graham. [2001] (2001). Modern China: A Guide to a Century of Change. Harvard University Press. ISBN 0-674-00658-5.</ref> Xeralmente pódese dividir en dúas etapas: a primeira desde 1927 ata 1937 e a segunda desde 1946 ata 1950 coa [[segunda guerra sino-xaponesa]] {{small|([[1 de xullo|1-07]]-[[1937]]-[[9 de setembro|9-09]]-[[1945]])}} separándoos. A guerra foi un importante punto de inflexión na [[historia da China]] moderna, cun cesamento non oficial das hostilidades entre os bandos, quedando finalmente baixo control dos comunistas a [[China continental]] (incluída a illa de [[Hainan]]), onde se proclamou o novo réxime da [[República Popular China|República Popular da China]] (RPC), mentres os nacionalistas lograban manter o control sobre os territorios insulares de [[Taiwan]], [[Illas Pescadores|Pescadores]] e varias illas costeiras da provincia de [[Fujian]], territorios nos que se mantivo ata a actualidade o réxime da [[República da China]] (RdC). Tamén causou un enfrontamento político e militar duradeiro entre os dous lados do [[estreito de Taiwán]], coa RdC en [[Illa de Taiwán|Taiwán]] e a RPC na China continental que declaran oficialmente ser o goberno lexítimo de toda a China.
 
== Orixes ==
Liña 129:
[[Sun Yat-sen]], líder do [[Kuomintang]] (KMT), buscou o auxilio das potencias estranxeiras para vencer aos [[señor da guerra|señores da guerra]] que se fixeran co control no norte da China por mor da caída da [[dinastía Qing]], tras a [[abdicación]] do último emperador, [[Puyi]].<ref name="so">So, Alvin Y. Lin, Nan. Poston, Dudley L. Contributor Professor, So, Alvin Y. [2001] (2001). The Chinese Triangle of Mainland China, Taiwan and Hong Kong. Greenwood Publishing. ISBN 0-313-30869-1.</ref> As democracias occidentais ignoraron os esforzos do líder nacionalista para atraerse a súa axuda. Con todo, en [[1921]] Sun Yat-sen recorreu á [[Unión Soviética]]. Facendo uso do [[Pragmática|pragmatismo]] político, os líderes soviéticos lanzaron unha política ambigua en virtude da cal apoiaban o KMT de Sun ao mesmo tempo que ao recentemente fundado [[Partido Comunista da China]] (PCCh). Os soviéticos esperaban a consolidación dos comunistas pero estaban preparados para a vitoria de calquera dos dous bandos. Deste xeito iniciouse a loita polo poder entre os nacionalistas e os comunistas.
 
En [[1923]] unha declaración conxunta en [[Shanghai]] de Sun e do representante soviético [[Adolf Iofe]] comprometeu a Unión Soviética a prestar axuda para a unificación nacional da China.<ref name="March">March, G. Patrick. Eastern Destiny: Russia in Asia and the North Pacific. [1996] (1996). Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-95566-4. pg 205.</ref> Os asesores soviéticos -o máis prominente dos cales, [[Mikhail Borodin]], era axente da [[Komintern]]- empezaron a chegar aá China en 1923 para apoiar a reorganización e consolidación do KMT segundo a liña trazada polo [[Partido Comunista da Unión Soviética]]. O PCCh recibira da Komintern instrucións de cooperar co KMT e aos seus membros animábaselles a unirse a eles sempre que os partidos mantivesen as súas identidades, formando así a [[Primeira Fronte Unida]] entre os dous partidos.<ref name="Hsiung">{{cite book |title = China's Bitter Victory: The War With Japan, 1937–1945 |url = https://books.google.com/books?id=3Yt6TTRdUzwC&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |publisher = M.E. Sharpe publishing |last = Hsiung |first = James C. |year = 1992 |location = New York |ISBN = 1-56324-246-X}}</ref> Os membros comunistas permitíuselles unirse ao KMT sobre unha base individual.<ref name="March" /> O PCCh en si aínda era un partido pequeno na época, tiña uns 300 membros en 1922 e tan só 1.500 en 1925.<ref name="Fairbank">Fairbank, John King. [1994] (1994). China: A New History. Harvard University Press. ISBN 0-674-11673-9.</ref> O KMT en 1923 tiña 50.000 membros.<ref name="Fairbank" /> O KMT, co apoio soviético, creou en Moscova a [[Universidade Sun Yat-sen]] para formar os futuros cadros políticos. Os asesores soviéticos axudaron os nacionalistas para crear un instituto político destinado á formación de propagandistas en técnicas de mobilización de masas e en [[1923]] enviaron a Chiang Kai-shek a [[Moscova]]<ref name="ChangH">Chang, H.H. Chang. [2007] (2007). Chiang Kai Shek – Asia's Man of Destiny. ISBN 1-4067-5818-3. pg 126</ref> para levar a cabo estudos militares e políticos durante varios meses. Chiang fora un dos lugartenentes de Sun Yat-sen desde os días da [[sociedade secreta]] [[Tongmenghui]] ou ''Alianza unida'', o movemento político precursor do KMT. Ao regreso de Chiang Kai-shek, a finais de 1923, este tomou parte na creación da [[Academia Militar de Whampoa]] (inaugurada o 1 de maio de 1924) nos arredores de [[Cantón, China|Cantón]], cidade sede do goberno durante a alianza KMT-PCCh.<ref name="ChangH"/> En [[1924]], Chiang Kai-shek pasa a dirixir a academia e desta forma iníciase o seu ascenso cara á posición de sucesor de Sun Yat-sen como líder do KMT e unificador de toda a China baixo o goberno nacionalista.
 
Os soviéticos proporcionaron á academia moito material educativo, organización e equipo, incluíndo municións.<ref name="ChangH"/> Tamén proporcionaron educación en moitas das técnicas de mobilización masiva. Con esta axuda, Sun Yat-sen foi capaz de levantar un "exército dedicado o partido", co que esperaba derrotar militarmente os señores da guerra. Os membros do PCCh tamén estaban presentes na academia, e moitos deles convertéronse en instrutores, entre eles [[Zhou Enlai]], que foi nomeado instrutor político.<ref name="HoA">Ho, Alfred K. Ho, Alfred Kuo-liang. [2004] (2004). China's Reforms and Reformers. Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-96080-3. pg 7.</ref>
Liña 141:
O 7 de abril, Chiang Kai-shek e varios outros líderes do KMT sostiveron unha reunión, durante a cal propuxeron que as actividades comunistas eran social e economicamente disruptivas e tiñan que ser desfeitas para que a revolución nacional continuase. O 12 de abril, en Xangai, o KMT foi purgado de esquerdistas, por orde do xeneral [[Bai Chongxi]], coa detención e execución de centos de membros do PCCh.<ref name="Brune">Brune, Lester H. Dean Burns, Richard Dean Burns. [2003] (2003). Chronological History of U.S. Foreign Relations. Routledge. ISBN 0-415-93914-3.</ref> O PCCh referiuse a isto como o [[masacre de Xangai de 1927|Incidente do 12 de abril]] ou o [[Masacre de Xangai de 1927|Masacre de Xangai]].<ref name="Zhaos">Zhao, Suisheng. [2004] (2004). A Nation-state by Construction: Dynamics of Modern Chinese Nationalism. Stanford University Press. ISBN 0-8047-5001-7.</ref> Este incidente ampliou a brecha entre Chiang Kai-shek e [[Wang Jingwei]], outro señor da guerra que controlaba a cidade de Wuhan.
 
Eventualmente, a á esquerda do KMT tamén expulsou membros do PCCh do goberno de Wuhan, que á súa vez foi derrubado por Chiang Kai-shek. Chiang Kai-shek, na súa calidade de comandante en xefe do [[Exército Nacional Revolucionario]] (ENR), iniciou a [[Expedición do Norte]] que levaba tempo postergada. Era unha acción en contra dos señores da guerra e pretendía a unificación deda China baixo o mando do KMT. O KMT renovou a súa campaña contra os [[Era dos señores da guerra|señores da guerra]] e capturou Pequín en xuño de 1928.<ref name="Guo">Guo, Xuezhi. [2002] (2002). The Ideal Chinese Political Leader: A Historical and Cultural Perspective. Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-97259-3.</ref> Pronto, a maior parte da [[China do Leste]] estivo baixo control do goberno central de Nanjing, que pronto recibiu o recoñecemento internacional como único goberno lexítimo deda China. O goberno do KMT anunciou, de acordo con Sun Yat-sen, a fórmula para as tres etapas da revolución: unificación militar, tutela política e democracia constitucional.<ref>Theodore De Bary, William. Bloom, Irene. Chan, Wing-tsit. Adler, Joseph. Lufrano Richard. Lufrano, John. [1999] (1999). Sources of Chinese Tradition. Columbia University Press. ISBN 0-231-10938-5. pg 328.</ref>
== Insurxencia comunista (1927-1937) ==
[[Ficheiro:National Revolutionary Army artillery.png|miniatura|esquerda|Tropas do ENR disparando artillería contra as forzas comunistas]]