Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Os mariños comerciantes de [[Sidón]] crearon asentamentos-almacéns amurallados. Os de Tiro fundaron cara ao ano [[-800]] no norte de África ''Qart Hadasht'' ([[Cartago]]), cuxa posición estratéxica entre o [[Mediterráneo occidental]] e o [[Mediterráneo oriental]] a converteu na máis importante de todas as colonias. Terminou por acoller o centro da civilización púnica cando as cidades metropolitanas do Levante foron conquistadas polo [[Imperio persa]] ([[-539]]).
 
A rivalidade secular que mantiñan gregos e fenicios polas rutas comerciais e o establecemento de colonias levou, tamén no [[século -VI]], a un enfrontamento militar de gran envergadura, a [[batalla de Alalia]] (ano [[-537]]), na que a colonia grega focense de Alalia se enfrontou á flotafrota cartaxinesa, aliada cos [[etruscos]], redefiníndose a relación de forzas na rexión.
 
As factorías fenicias esparexéronse practicamente por toda a ribeira sur mediterránea e as súas illas: desde ''Gadir'', máis aló do [[estreito de Xibraltar]], na contorna do mítico reino de [[Tartessos]] e porta das rutas do [[océano Atlántico]], cara ao norte -Europa- e o sur -África-, ata as costas de Asia e o [[mar Negro]].
 
==Notas==
{{listaref|30em}}
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
[[Categoría:Colonización]]
[[Categoría:Fenicia]]
{{Seniw}}
168.837

edicións