Illas Andaman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
*flota (presente do verbo flotar) -> frota, substantivo (conxunto de barcos...)
Liña 67:
En [[1788]]-[[1789]] o goberno de [[Bengala]] intentou establecer unha colonia penal nas Andamán xunto cun porto de refuxio. Para iso, dous oficiais, Colebrooke dos Enxeñeiros de Bengala e Blair do servizo naval, foron enviados para investigar e informar. Desta forma, o capitán Blair estableceu un asentamento en setembro de [[1789]], na illa de Chatham, na baía situada ao sueste de Gran Andamán, chamado na actualidade [[Port Blair]], pero naquel entón coñecido como Port Cornwallis. Dous anos despois e tras pasar múltiples enfermidades, o goberno transferiu a colonia a parte nordés de Gran Andemán, onde se ía a establecer un arsenal naval. Xunto coa colonia transferiuse tamén o nome de Port Cornwalis. Con todo, no novo emprazamento as enfermidades mantivéronse e o goberno decidiu pechar a colonia debido á alta mortalidade e á dificultade do seu mantemento. Os colonos foron trasladados en maio de [[1796]].
 
En [[1824]] Port Cornwallis foi o punto de encontro da flotafrota que transportaba ao exército á primeira guerra birmana. En [[1839]], o Dr Helfer, un investigador alemán empregado do goberno indio, desembarcou nas illas e foi asasinado. En [[1844]] os buques de transporte de tropas ''Briton'' e ''Runnymede'' atracaron preto da costa das illas. Os nativos mostraron moita hostilidade, asasinando aos atrasados.
 
Co tempo, os motines ocorridos na India fixeron que o número de prisioneiros en mans británicas aumentase o que volveu espertar a posibilidade de establecer unha colonia penal nas illas. En novembro de [[1857]] enviouse unha comisión, dirixida polo Dr. F. Mouat, para examinar a situación. A comisión informou favorablemente seleccionando o emprazamento orixinal de Port Cornwallis pero evitando a proximidade dunha ciénaga salgada que ao parecer foi bastante prexudicial para a antiga colonia. Para evitar confusións púxose o nome de Port Blair ao novo emprazamento.