Anatomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Notas: +tradución de ca.wiki
Liña 86:
* Neuroanatomía: estuda todo o sistema nervioso.
* Anatomohistoloxía: estuda a estrutura dos tecidos en función á súa disposición anatómica.
 
== Nomenclatura ==
[[Ficheiro:Human_anatomy_planes_CAT.svg|miniatura|Planos de anatomía.]]
Antes de que a anatomía empezase a dispor de nomenclatura oficial, creouse un tipo de linguaxe técnica. A linguaxe técnica estandarízase, de forma que é o mesmo no mundo enteiro, por exemplo, vía o sistema '''NA''' ([[Nomina Anatomica]]), que foi o último en ser revisado en 1998.<ref>Federative Committee on Anatomical Terminology. Terminologia Anatomica. Thieme, 1998.</ref> Moitas das contribucións á linguaxe técnica fixéronse co latín ou latinización do grego antigo.
 
Para cada sinxela estrutura anatómica hai un nome (ás veces máis dun), de forma que se pode representar mediante diferentes cortes e direccións, que axudan a describir a estrutura completa.
 
=== Planos de sección ===
 
Normalmente úsanse tres planos para debuxar seccións do corpo humano: O ''[[plano horizontal]]'', o ''[[plano frontal]]'' e o ''[[plano saxital]]''. O ''plan medio'' é un tipo de plan saxital, que parte o corpo en dúas metades simétricas (sendo deste xeito o plan saxital que se mostra á imaxe). O ''plan medio'' é o único fixo, á maneira á cal se definiron. Pódese, por exemplo, facer un corte horizontal, frontal ou saxital de forma que respectan as súas direccións. Exemplos son o plan horizontal que se pode facer á altura dos ombreiros, do xeonllo ou calquera outra altura (vexa a imaxe).
 
=== Direccións ===
[[Ficheiro:Anatomy_Directional_terms-can.svg|miniatura|Direccións de anatomía.]]
[[Ficheiro:Rostralcaudal.svg|miniatura|Imaxe representando direccións rostral e caudal.]]
 
Para o estudo da anatomía pódense usar direccións<ref>{{Cita web|título=Introducció a l'estudi de l'Anatomia|url=http://www.creuroja.org/escola/nova2/campusvirtual/7317/u7317u2ia.pdf|autor=Cruz Vermella|lingua=catalán|dataacceso=2011-03-30}}</ref> anatómicas que indican localizacións relativas ou percorridos de sistemas e órganos determinados. A base de direccións do ser humano é moi parecida á do resto de vertebrados. Os vertebrados intégranse nesta metodoloxía de estudo grazas á disposición básica que comparten:<ref>{{Cita web|título=Human Anatomy|url=http://biology.ucf.edu/logiudice/Anatomy%20Notas%20WS.doc|autor=University of Central Florida|lingua=inglés|dataacceso=2011-04-10}}</ref>
# [[Simetría planar|Simetría bilateral]]: Moitas das estruturas e os órganos son simétricos a cada lado do plano medio.
# Disposición de ''tubo dentro dun tubo'': Dentro da forma de cada vertebrado dispoñemos dun tubo dixestivo.
# Segmentación: Repetición de membros en dirección axial (costelas, extremidades, etc.).
# [[Columna vertebral]] baleira e nervada.
# [[Notocordio]].
# [[Bolsa farínxea|Bolsas farínxeas]].
 
Así pois, uns exemplos de direccións anatómicas son:
 
* ''Cranial''-''Caudal'' ou ''Inferior''-''Superior''
* ''Medial''-''Lateral''
* ''Ventral'' e ''anterior''-''Dorsal'' e ''posterior''
* ''Proximal''-''Distal''
* ''Dereita''-''Esquerda''
* ''Superficial''-''Profunda''
 
Tamén se usan en conxunto as direccións ''Rostral'' e ''Caudal''.
 
== Notas ==