Fianchetto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
alfil
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18:
| O alfil de '''g7''' está en ''fianchetto''. Tamén as brancas pretenden colocar o seu alfil de dama en ''fianchetto''.
}}
'''''Fianchetto''''' é unha palabra de orixe italiana que literalmente quere dicir "pequeno flanco". A pronuncia italiana é ''fianqueto'', pero en galego adóitase pronunciar tal como está escrito. Existe a variante '''fiancheto'''.
 
No [[xadrez]], é un [[Termos relacionados co xadrez|termo]] que indica unha forma especial de desenvolver o [[alfil]]. Na imaxe, o negro ten o seu alfil de casas negras en ''fianchetto''. Isto é: moveu o peón da columna de cabalo e o alfil colocouse nese oco. As posibles casas onde se pode realizar esta xogada son '''b2''', '''g2''', '''b7''' ou '''g7''', exercendo así o alfil a súa acción ao longo das dúas diagonais maiores. Se se produce o [[enroque]] no flanco onde se atopa o alfil en ''fianchetto'' compleméntanse ambas as posicións, dando lugar a unha estrutura na que o alfil e o rei deféndense entre si. Outra posición relacionada é o ''fianchetto'' esaxerado, onde unha vez adiantado o peón de cabalo para realizar o ''fianchetto'' sitúase o alfil na columna de torre correspondente.