Batalla de Okinawa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*flota (presente do verbo flotar) -> frota, substantivo (conxunto de barcos...)
Liña 130:
[[Ficheiro:Okinawa Advisory Council.JPG|esquerda|miniatura|200px|Membros do Okinawa Advisory Council]]
O noventa por cento dos edificios na illa resultaron totalmente destruídos.
O valor militar de Okinawa ''superou todas as expectativas''. A illa converteuse en porto para a flotafrota estadounidense, área de tránsito para as tropas e aeródromo nas proximidades do Xapón. Finalizada a campaña, os EUA puxeron en marcha a [[Operación Zebra]], que consistía na retirada de minas nas augas próximas a Okinawa, ocuparon Okinawa, e estableceron a [[Administración Civil de Estados Unidos das Illas Ryukyu]], unha forma de goberno militar.<ref>{{cita web |título = Military Government In The Ryukyu Islands, 1945-1950|url = http://www.amazon.com/Military-Government-Ryukyu-Islands-1945-1950/dp/1410218791 |dataacceso=12 de maio de 2012}}</ref> A día de hoxe, un número importante de tropas estadounidenses aínda se encontran estacionadas na illa, e [[Kadena]] segue sendo a maior base aérea dos estadounidenses en Asia.
Algúns historiadores militares cren que Okinawa conduciu directamente aos [[Bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki|bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki]], como medio de evitar a invasión terrestre do territorio xaponés. Un destes historiadores é [[Víctor Davis Hanson]], que o declara explicitamente no seu libro ''Ripples of Battle'':
{{cita|''... porque a defensa de Okinawa por parte dos xaponeses, incluíndo os propios nativos, foi feroz, e porque as baixas estadounidenses eran elevadas, moitos estrategos estadounidenses buscaron unha alternativa para lograr a rendición dos xaponeses que non fora unha invasión directa. Unha das alternativas era o lanzamento de bombas atómicas, traballouse admirablemente para convencer aos xaponeses a pedir a paz. Ironicamente, os estadounidenses estaban convencidos de que os [[Bombardeo de Toquio|bombardeos]] das principais cidades xaponesas (que estiveran sucedendo meses antes da invasión de Okinawa) eran moito máis eficaces á hora de causar baixas na poboación civil que as bombas atómicas, e se continuaban e ampliaban os bombardeos, os xaponeses renderíanse probablemente de todos os xeitos. Mais, as bombas foron unha potente exhibición simbólica do poder estadounidense, o que levou a cabo a capitulación dos xaponeses, obviando a necesidade dunha invasión.''}}