Antonio Aguilar Correa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
cor categoría
Lansbricae (conversa | contribucións)
caixa sucesión
Liña 1:
'''Antonio Aguilar y Correa''', '''Marqués de la Vega de Armijo''' ([[Madrid]], [[1824]] - [[Madrid]], [[1908]]) foi un político [[Presidente do goberno de España|presidente do goberno de España]] (1906-1907).
 
Comezou aos 30 anos unha dilatada carreira política que o levaría a exercer destacados cargos públicos durante máis de medio século. Foi elixido deputado por vez primeira en novembro de 1854, cando, durante o [[Bienio Progresista]], se celebraran comicios para formar [[Cortes Constituíntes]]. Militou na [[Unión Liberal]] fundada por [[Leopoldo O'Donnell]], de quen se converteu moi logo en seguidor e quen, a súa vez, nomeouno varias veces ministro nos seus segundo e terceiro gabinete: foi deste xeito ministro de Fomento entre 1861 e 1863, de Gobernación desde xaneiro de [[1861]] ata [[1863]] e, de novo, desempeñou o cargo de ministro de Fomento entre [[1865]] e [[1866]].
Liña 5:
Falecido O'Donnell en [[1867]], Vega de Armijo pasou as filas políticas do xeneral Francisco Serrano, con o que participou na preparación da [[Revolución de 1868]], que destronou a [[Isabel II de España|Isabel II]], iniciando o [[Sexenio Democrático]]. Embaixador en [[Francia]] en 1874, desde o comezo da Restauración militou en grupos que conformaron o [[Partido Liberal]], que lideraba [[Práxedes Mateo Sagasta]]. Este nomeouno tres veces ministro de Estado (máximo responsable da diplomacia española): entre [[1881]] e [[1883]], desde [[1888]] ata [[1890]] e entre [[1892]] e [[1893]]. A mais, foi Presidente do Congreso en [[1898]], [[1899]], desde [[1901]] ata [[1903]], e, por último, en [[1905]].
 
Durante o reinado de [[Alfonso XIII]] foi [[Presidente do Consello de Ministros de España|presidente do goberno]] a partir do [[4 de decembro]] de [[1906]], entre dous gabinetes liderados respectivamente por [[Segismundo Moret]] e por [[Antonio Maura]]. A súa breve xefatura gubernamental - apenas un mes, ata o [[25 de xaneiro]] do [[1907]] - limitouse a aprobar os orzamentos xerais para [[1907]]. No ano seguinte Aguilar faleceu.
 
O Marqués de la Vega de Armijo presidíu as reais academias da Historia, e máis a de Ciencias Morales e Políticas.
 
{{sucesión | título = [[Presidente do Goberno de España]] | período = [[1906]] - [[1908]] | predecesor = [[Segismundo Moret]] | sucesor = [[Antonio Maura]] }}
 
[[Category:Presidentes de España]]