Mouro (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 8:
Nos relatos os mouros aparecen como construtores e habitantes de [[mámoa]]s, túmulos funerarios, [[castro]]s, minas romanas e por extensión todo tipo de ruína con orixes inmemoriais, coma os castelos medievais ou algúns pazos do século XVII con entradas en forma de arcada. Nalgúns relatos os mouros e mouras aparecen como custodios de fabulosos tesouros, que constitúen a orixe da riqueza de varias familias.
 
Co paso do tempo estas criaturas pagás foron relacionadas á presencia musulmana na [[península Ibérica]], e moitos relatos asomen que chegaron cos invasores do norte de [[África]]. Tamén hai relatos, aínda que menos numerosos, que os relacionan con outro tipo de invasores (vikingos, franceses, etc.), que permanecerían acochados tra-la retirada dos seus compañeiros.
 
[[Category:Antropoloxía]]