John MacBride: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativa a sen embargo
Liña 10:
Tomou parte na [[Segunda Guerra Bóer]] como membro da [[Brigada Irlandesa de Transvaal]], da cal o comandante era o irlandés-americano coronel John Blake, antigo oficial da cabalería dos Estados Unidos.<ref>Jordan Anthony J. 'Boer War to Easter Rising', Westport Books 2006 p.13</ref> A brigada recibíu recoñecemento oficial do goberno bóer, e os cargos foron asinados polo secretario de estado F.W. Reitz. Recibiu o cargo de maior (equivalente a comandante), así como a cidadanía bóer.
 
Uns 500 irlandeses e irlandeses-americanos loitaron contra os británicos, ás veces contra rexementos formados por irlandeses, como os [[Dublin Fusiliers]] e os Inniskillings. Dende os montes circundantes á vila de [[Ladysmith]] ás chairas do [[Estado Libre de Orange]], a brigada de MacBride enfrontouse aos canóns británicos, loitaron na [[batalla de Colenso]] e máis tarde cubriron a retagarda, hostilizando á cavalería de [[Lord Roberts]] na retirada do exército bóer. SenAsí embargoe todo, tamén moitos irlandeses loitaron cos británicos contra os bóer.
 
Contra maio de [[1900]], os comandos irlandeses foron divididos en dúas brigadas irlandesas de Transvaal. Tamén recibiron un corpo de ambulancias irlandesas-americanas, á vez que o líder nacionalista irlandés [[Michael Davitt]] se trasladou á capital bóer. A pesar diso, moitos irlandeses favorables aos bóers volveron a casa, a pesar das proclamas dos movementos favorables á causa bóer estimulados por [[Arthur Griffith]] e [[Maud Gonne]].