Wuhan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiño
m arranxiños
Liña 3:
[[Ficheiro:Wuhan montage.png|miniatura|dereita|250px]]
[[Ficheiro:Wuhan location.png|miniatura|dereita|250px]]
'''Wuhan''' é a capital da [[provincia de Hubei]], [[República Popular China]]. Situada na confluencia dos ríos [[YangtzeRío Yangtzé|Yangtzé]] e Han, ten 8.310.000 habitantes. Entre 1925 e 1930 Wuhan foi a capital do goberno nacionalista chinés de [[Wang Jingwei]] oposto a [[Chiang Kai-shek]].
 
En realidade Wuhan é a unión de tres cidades Wuchang, Hanyang e Hankou.{{Cómpre referencia}} A Torre da Grúa Amarela, construída no ano [[223]], é un dos símbolos da cidade.{{Cómpre referencia}} Sofreu un incendio en 1884 e unha reconstrución completa en [[1981]].{{Cómpre referencia}}
Liña 27:
O despegue de Hankow coma porto no [[século XVI]] e principalmente no [[XVII]] veu a expensas do repregue de Hanyang, cuxos anteriores barrios portuarios, agora entupidos, trasladaron alá a súa actividade [http://whty.whjs.gov.cn/images/2006-12/04/xin_1912030414211822190724.jpg][http://www.lib.utexas.edu/maps/historical/hankow_1915.jpg].
 
O [[século XVIII]] non fixo senón confirmar a Hankow coma base portuaria de referencia no interior de China; o que no XIX a converteu, tralas [[Guerras do Opio]] (coa súa destrución xunto á de Hanyang pola [[rebelión Taiping]] en 1850 ) e o [[Tratado de Tianjin]] ([[1860]]), nunha das obrigadas prazas de apertura ao tráfico internacional con concesións estranxeiras asentadas ao longo da ribeira do YangtzeYangtzé [http://web.archive.org/20090730114840/www.geocities.com/songkhla04/hankowmaplg.gif]. Iso converteuna nunha metrópole cosmopolita [http://www.willysthomas.net/HankowBund.jpg].
A chegada do ferrocarril a fins de século acelerou o crecemento coma nó comercial de transporte.{{Cómpre referencia}} Tamén se iniciou unha forte industrialización: así, na banda de Hanyang instaláronse un arsenal e unha aceiraría (primeiro fito do futuro siderúrxico da área).{{Cómpre referencia}}
Liña 34:
En 1911 tivo lugar en Wuchang a revolta que remataría o milenario imperio chinés, o derrocamento da [[dinastía Qin]] e a proclamación da [[República de China]]. Nas décadas turbulentas que seguiron, a cidade foi elixida brevemente (1926) coma capital da nación por unha das faccións, para o que se decidiu en 1927 unir as tres cidades históricas nunha soa entidade administrativa.{{Cómpre referencia}}
 
Trala proclamación da República Popular, o primeiro plan quinquenal reforzou o carácter de centro da industria pesada da cidade, e decidiuse construír a primeira ponte sobre o YangtzeYangtzé (1957).{{Cómpre referencia}} Coma peche dun círculo histórico o trazado elixido foi o que unía os Outeiros da Serpe e da Tartaruga [http://www.hnvst.gov.cn/upload/126952007155321_3.gif]. Unha segunda ponte entre Hankou e Wuchang foi tendida en 1995 [http://www.discoveryangtze.com/Yangtzediscovery/photo/map_wuhan.jpg].
 
==Notas==