Arthur Honegger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
Entre a [[Primeira Guerra Mundial]] e a [[Segunda Guerra Mundial]], Honegger foi un compositor prolífico. Compuxo a música para o filme épico [[Napoleón (película)|Napoleón]] de [[Abel Gance]] ([[1927]]). Unha das súas [[ópera]]s, [[Jeanne d'Arc au bûcher]] ([[1935]]), està considerada como o seu traballo máis refinado. Ademais das óperas que escribíu en solitario, colaborou con [[Jacques Ibert]] na composición da ópera [[l'Aiglo]] ([[1937]]) así como na composición da opereta ''[[Les Petites Cardinal]]''. Durante este período de tempo escribíu tamén ''[[Danse de la Chèvre]]'' ([[1921]]), unha peza para solo de [[frauta]] adicada a [[René Le Roy]], unha peza viva e xuvenil. Moi atado á renovación do repertorio, recibíu a influencia de [[Igor Stravinski]], sobre o cal escriu unha ensaio en [[1939]].
 
Honegger estivo sempre en contacto con [[Suíza]], mais co inicio da Guerra e a invasión [[nazi]], encontrouse atrapado en [[París]]. Uniuse á [[Resistencia francesa]], aínda que nunca tivo excesivos problemas cos nazis, que lle permitiron seguir traballando sen demasiadas interferencias. Porén, a Guerra foi un duro golpe para o compositor. A pesar desodiso, dende o inicio da Guerra ata o momento da súa morte escribíu as súas últimas catro sinfonías (dende a segunda ata a quinta), as máis interpretadas.
 
Arthur Honegger morreu na súa casa en [[Novembro]] de [[1955]] vítima dun ataque ao corazón, e está enterrado no [[Cemiterio de Saint-Vincent]] do barrio parisino de [[Montmartre]].