Diferenzas entre revisións de «Guerra civil rusa»

*flota (presente do verbo flotar) -> frota, substantivo (conxunto de barcos...)
(http://academia.gal/dicionario/-/termo/Esvaecer)
(*flota (presente do verbo flotar) -> frota, substantivo (conxunto de barcos...))
 
Despois das derrotas no Don e en Siberia o último reduto das tropas anticomunistas era a península de Crimea. Alí o xeral Wrangel formou un exercito de 37.000 soldados (o Exército Ruso) con tropas evacuadas de [[Novosibirsk]]. A [[Guerra Polaco-soviética]] favorecía a situación de Vrangel na península e permitiulle agrupar soldados ata abril de 1921. No mes de xuño dese ano comezou unha ofensiva cara ó norte. A forza defensiva soviética na zona cedeu e, a finais de mes, un corpo da cabalería vermella foi eliminado case por completo. Cando o 13 exercito comunista reaccionou, as tropas de Vrangel chegaran xa o río [[Dniepr]]. O contraataque bolxevique consistiu en establecerse preto do istmo da península para illar no posible os Brancos das bases en Crimea. Aínda así estes puideron tomar Mariopol e Alexandrov, á beira do [[mar de Azov]]. Vrangel era, porén, consciente de que a súa situación era inestable. O seu ataque en dirección a rexión cosaca de Kuban fracasou e un intento en outubro de cruza-lo Dniepr para manter a iniciativa militar usando os soldados sobreviventes do Exercito dos Voluntarios tampouco tivo éxito.
O 12 de outubro Polonia firmou o armisticio coa Unión Soviética que permitiu a esta dispor de tropas novas para contrarrestar a Vrangel. Comandados por Mikhail Frunse os Vermellos empuxaron ó inimigo, que perdeu 20.000 soldados nos combates. Wrangel tiña xa preparada a evacuación e, por medio da antiga flotafrota tsarista do [[mar Negro]] consegue sacar de Crimea antes do 16 de novembro 146.000 persoas, máis deles civís, que foron levadas a [[Turquía]]. Moitos dos que non puideron ser evacuados caeron vítima da represión que seguiu a vitoria Vermella.
No curto período do seu comando Wrangel foi politicamente máis activo cá Kolchak ou Denikin. Levou a cabo unha reforma do chan en Crimea, que incluía expropiacións. Intentou alianzas con tódolos partidos, incluídos os anarquistas de [[Nestor Makhno]] para formar unha fronte común contra os comunistas. Sen renunciar a ditadura militar, tentou atraer á intelixencia do territorio que ocupaba. Esta política permitíronlle dispoñer dunha retagarda segura, da que careceran outros comandantes Brancos.
 
176.737

edicións