Termas romanas de Lugo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Descrición ==
A instalación de termas e balneario era esencial dentro da [[imperio romano|civilización romana]], polo que practicamente á vez que se fundaba [[Lugo|Lucus Augusti]] abríanse as termas, as cales recibían auga dun manancial termal. Esta auga, que se supón ten propiedades minero-medicinais,<ref>{{Cómprecita referenciaweb|url=http://camaraminera.org/uploads/COMG/actividades_eventos/formacion/balnearios_termalismo07/08_meijide_failde.pdf|título=Historia del Balneario "Termas Romanas" de Lugo|autor=Meijide Failde, Rosa|obra=Universidade da Coruña}}</ref> consiste nunhas augas sulfurado-sódicas e carbonatadas que abrollan a 43,8 [[grao centígrado|graos centígrados]]. Estas augas son explotadas aínda hoxe dentro do Hotel Balneario de Lugo.<ref name="termas">[http://www.lugoturismoasturnatura.com/quevisitarturismo/cultural/?pag=termas-romanas-de-lugo/1680.html As termasTermas romanas. de Lugo. TurismoAsturnatura] {{Ligazón morta}}</ref>
 
A parte mellor conservada das instalacións romanas conservadas é o ''apodycterium'', o que correspondía aos vestiarios. Este lugar para espirse consiste nunha grande sala con pavimento de ''opus signinum'', un material comunmente utilizado polos romanos, composto de rebo de [[Tella (construción)|tella]] e [[ladrillo]] con [[cal]]. Ao fondo da sala hai dúas portas en arcos que dan paso a diversas estancias, incluída unha parede composta de dezaoito furnas que se usaban a modo de armario para gardar a vestimenta.