Objective-C: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativas a sen embargo e implementar
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
A principios da década de 1980, o [[software]] desenvolvíase empregando programación estruturada. A programación estruturada púxose en funcionamento para axudar a dividir os programas en pequenas partes, facendo o desenvolvemento máis sinxelo cando a aplicación se volvía más grande. Porén, como os problemas seguían crecendo ó pasar o [[tempo]], a programación estruturada volveuse menos útil, xa que tiñan que ser escritas unha e outra vez máis sentenzas, levando a un código espaguete e dificultando a reutilización de código.
 
Moitos viron que a programación orientada obxectos sería unha solución ó problema. De feito Smalltalk xa tiña solucionado moitos problemas deste tipo: algúns dos sistemas máis complexos no mundo funcionaban graciasgrazas a Smalltalk. Pero, Smalltalk empregaba unha máquina virtual que requiría moita memoria para esa época e corría demasiado lenta.
 
Objective-C foi creado principalmente por [[Brad Cox]] e [[Tom Love]] nos inicios da década de 1980 na súa compañía [[Stepstone]]. Ambos foron iniciados en Smalltalk mentres estaban no Programming Technology Center de [[ITT]] en [[1981]]. Cox viuse interesado nos problemas de reutilización no desenvolvemento de software. Decatouse de que unha linguaxe como Smalltalk sería imprescindible na construción de contornas de desenvolvemento potentes para os desenvolvedores en [[ITI Corporation]]. Cox empezou a modificar o compilador de C para agregar algunhas das capacidades de Smalltalk. Pronto tivo unha extensión para engadir a programación orientada a obxectos a C, a cal chamou "[[OOPC]]" (''Object-Oriented Programming in C''). Love, mentres tanto, foi contratado por Shlumberger Research en [[1982]] e tivo a oportunidade de adquirir a primeira copia de Smalltalk-80, o que influíu no seu estilo como programador.