Translación da Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Cambio de imaxe
Agremon (conversa | contribucións)
precisións e aumento
Liña 1:
[[Ficheiro:Características orbitais.png|miniatura|300x300px|Esquema da translación da Terra e características orbitais.]]
Denomínase '''translación''' ao movemento da [[Terra]] ao redor do [[Sol]], a cal describe á súa ao redor unha [[órbita]] [[Elipse (xeometría)|elíptica]] na que o Sol está nun dos focos.
 
Se se toma como referencia a posición dunha estrela, a Terra cumpre unha volta nun [[ano sideral]] (ou sidéreo) cuxa duración é de 365 días, 6 horas, 9 minutos e 10 segundos. O [[Ano (astronomía)|ano]] sideral é de pouca importancia práctica. Para as actividades terrestres ten maior importancia a medición do tempo segundo as [[Estacións do ano|estación]]s, divisións do ano que se definen de xeito astronómico pero que teñen sentido non só en relación ós cambios na posición do Sol no ceo, senón tamén na temperie.
 
Tomando como referencia o lapso transcorrido entre un inicio da [[primavera]] e outro, cando o Sol atópase no [[Punto Aries|punto vernal]], o ano trópico dura 365 días 4 horas 48 minutos e 46 segundos. Este é o ano utilizado para realizar os [[calendario]]s.
 
A órbita ten un perímetro de preto de 930 millóns de [[quilómetro]]s, cunha distancia media ao Sol de preto de 150 000 000 km, distancia que se coñece como [[Unidade astronómica|Unidade Astronómica]] (U.A.). Disto de deducededúcese que a Terra desprázase no espazo a unha velocidade de 106 000 km porcada hora ou 29,5 km porcada segundo.
 
O feito de que a órbita sexa elíptica fai que a Terra nalgún momento estea no lugar da órbita máis afastado do Sol, denominado [[afelio]], feito que se pruduce en xullo. Nese punto a distancia do centro da Terra ao centro do Sol é de 152 097 701 km. De xeito análogo, o punto da órbita máis próximo ao Sol denomínase [[perihelio]] e ocorre en xaneiro, cunha distancia de 147 098 074 km entre centros. A situación da Terra no afelio e no perihelio correspóndese de xeito aproximado cos [[solsticio]]s de verán e inverno (xa que non coinciden os puntos de máximo afastamento e máximo achegamento cos puntos de máixma inclinación do eixe da Terra coa liña Terra-Sol).