Indoeuropeística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativas a sen embargo
Liña 80:
** o criterio das "áreas laterais": considérase máis arcaico o trazo presente en linguas xeograficamente e/ou dialectalmente máis distantes entre si, como por exemplo [[Lingua latina|latín]] e [[Lingua sánscrita|sánscrito]].
** o criterio da "antigüidade dos textos": considérase máis arcaico o trazo de atestación cronoloxicamente máis antiga.
** o criterio do '"arcaísmo da lingua": considérase máis arcaico o trazo presente en linguas consideradas máis arcaicas, ou sexa menos innovadoras respecto ao indoeuropeo común (por exemplo, o [[Lingua lituana|lituano]]) ou á protolingua dunha familia lingüística particular (por exemplo, o [[Lingua irlandesa|irlandés]] respecto á [[lingua protocelta]]). Tal criterio isente sen embargoporén das diferentes impostacións dialectolóxicas, que asignan maior arcaísmo a unha lingua máis que a outra.
* [[Reconstrución interna]]: a diferenza da reconstrución comparativa, a interna non se basea na comparación de trazos testemuñados en diversas linguas, senón na análise de variacións internas nunha mesma lingua, á procura de formas anómalas. Tales anomalías, ou irregularidades, considéranse restos dunha situación lingüística antecedente e historicamente perdida a través do mecanismo da regularización por medio da [[analoxía]]. Xeralmente, nas formas anómalas fican retidos arcaísmos, e polo tanto elementos útiles para reconstruír a prehistoria da lingua, e xa que logo o indoeuropeo común. A reconstrución interna non ofrece, porén, o mesmo grao de fiabilidade da reconstrución comparativa: algúns indoeuropeístas rexeitana completamente, mentres que os que recorren a ela fano de todos modos con prudencia e apoiándose na tipoloxía.
* [[Tipoloxía lingüística]]: aplicada á indoeuropeística, a tipoloxía consiste na valoración da maior o menor probabilidade de que un fenómeno dado apareza nas linguas reais, e polo tanto a súa plausibilide se se aplica ao indoeuropeo reconstruído. O obxectivo da aplicación da tipoloxía á indoeuropeística é polo tanto a exclusión de reconstrucións (sexa comparativas sexa, sobre todo, internas) meramente especulativas de fenómenos fonéticos ou morfolóxicos, que raramente ou nunca aparecen nas linguas concretamente testemuñadas (non necesariamente só as indoeuropeas).