Real Academia Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 30:
Durante a presidencia de Murguía ([[1906]]-[[1923]]) elevouse a figura de [[Rosalía]], comezouse a publicar o ''Boletín de la Academia Gallega'' (263 números) e a Academia viuse no medio de polémicas e enfrontamentos debido ao seu carácter galeguista. O segundo presidente, [[Andrés Martínez Salazar]], foino só un ano, xa que morreu inesperadamente. A entidade entrou nun período de inactividade que motivou a fundación do [[Seminario de Estudos Galegos]]. O terceiro presidente foi [[Eladio Rodríguez]] ([[1926]]-[[1934]]), e durante este período entraron [[Castelao]] e [[Antón Vilar Ponte]]. Substituíuno [[Manuel Lugrís Freire]], que houbo de dimitir en [[1936]] por problemas de saúde. Chegou entón a [[Guerra Civil española]], que fixo silenciar a institución e levouna a unha etapa de semiclandestinidade durante a que foi presidida por [[Manuel Casás Fernández]] ([[1942]]-[[1960]]) e [[Sebastián Martínez Risco y Macías]] ([[1960]]-[[1977]]).
 
Esta etapa viviuse como un tempo de espera. En [[1963]] presentou a iniciativa do [[Día das Letras Galegas]] que, non moi valorada nun primeiro momento, tornouse especialmente dinamizadora co transcurso dos anos. Desde as dependencias municipais do [[Palacio de María Pita]], trasladouse á sede actual da rúa Tabernas na [[A Coruña|Coruña]]. No [[1972]] a RAG estandarizou o deseño actual das Armas ou Escudo do Reino de Galicia. Anos máis tarde, a RAG propuxo á [[Xunta de Galicia]] de conservar a memoria da antiga bandeira galega dentro da [[Bandeira de Galicia]] moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira nacional civil, formando a actual bandeira oficial que debe figurar nos actos oficiais do goberno e institucións galegas.
[[Ficheiro:Boletín de la RAG, año 1, núm. 4, 1906.gif|miniatura|esquerda|''Boletín de la Academia Gallega'', ano 1906, n.º 4.]]
Durante a presidencia de [[Domingo García-Sabell]] ([[1977]]-[[1997]]), produciuse o acordo co [[Instituto da Lingua Galega]] sobre as [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]] ([[1982]]), co cal se unificaban as dúas propostas enfrontadas. A Real Academia foi recoñecida como referencia na [[Lei de normalización lingüística]]. Creáronse un Seminario de Lexicografía, que elaborou o seu primeiro dicionario monolingüe, e o Seminario de Sociolingüística, que realizou o [[Mapa Sociolingüístico de Galicia]]. En marzo de 1979 a Academia trasladouse á sede actual da rúa Tabernas na [[A Coruña|Coruña]] desde as dependencias municipais do [[Palacio de María Pita]] onde estaba a sede desde 1920.<ref>{{cita libro|título=Tiempos republicanos|nome1=Jesús María|apelidos1=Reiriz Rey|nome2=Xosé|apelidos2=Alfeirán Rodríguez|editorial=[[Ateneo Republicano de Galicia]]|data=2004|lugar=A Coruña|isbn=84-933103-2-8}}</ref><ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/03/22/2530118.shtml Los reyes inauguran en A Coruña la nueva sede de la Real Academia Gallega]</ref>
 
Coa presidencia de [[Francisco Fernández del Riego]] (1997-[[2001]]) abriuse a institución, namentres ca de [[Xosé Ramón Barreiro Fernández]] déuselle un pulo á informatización dos fondos documentais que se foran adquirindo e en [[2003]] revisáronse as Normas ortográficas e morfolóxicas.