Diferenzas entre revisións de «Masonaría»

ligazón
m (→‎top: Arranxos varios using AWB)
(ligazón)
|}
 
A '''masonaría''', '''masonería''', '''francmasonaría''' ou '''francmasonería'''<ref>{{DRAG|masonaría}}</ref> é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e [[filosofía|filosófico]]. Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas [[loxa masónica|loxas]]s que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Loxa", "Gran Oriente" ou "Gran Priorado".
 
Aparecida en [[Europa]] entre finais do [[século XVII]] e comezos do [[século XVIII|XVIII]], a masonaría moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como ''un sistema particular de moral ilustrada por símbolos''. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.
32.818

edicións