Louis Daguerre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativas a sen embargo
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
Daguerre era un pintor de segunda en [[París]], pero gañou certa fama ao inventar o [[Diorama]]. O Diorama era un espectáculo de ilusión no que se mergullaba ao espectador noutros paisaxes ou lugares e acontecementos da historia a través duns trucos visuais. Para crear eses escenarios era preciso unha pintura moi realista. Nada mais realista que unha imaxe fotográfica. Daguerre acode aos irmáns Chevalier para obter certo tipo de lentes e comezar a traballar nunha mellora da cámara escura. Aplicar o invento da [[cámara escura]] podía ser moi proveitoso para os Dioramas, dotándoos de maior realismo. A través dos Chevalier, Daguerre entra en contacto con Niepce no [[1826]]. Daguerre buscaba a asociación con Niepce para progresar no invento, cousa que Niepce rexeitou ao principio. Porén, diversos problemas financeiros, unidos á morte do seu irmán, fan que Niepce aceite firmar un contrato con Daguerre, no que se especifica ben claro que Niepce era o inventor da fotografía e Daguerre achegaría certas melloras á [[cámara escura]]. Así que dous anos despois do descubrimento Niepce e Daguerre asócianse ([[1829]]), pero a súbita morte de Niepce deixa a Daguerre o campo libre.
 
Daguerre aproveitou entón problemas económicos do fillo de Niepce para obter unha modificación do contrato ao seu favor. Despois de varios anos de perfeccionamento do daguerrotipo, no [[1839]] anuncia que xa esta terminado. O invento é presentado á Academia de Ciencias francesa. A patente é adquirida polo goberno do país ese mesmo ano. Daguerre obtén unha pensión de 6000 [[francos]] e o fillo de Niepce de 4000. Grazas a esta adquisición o invento internacionalizouse e foi extendidoestendido a [[Europa]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
Daguerre obtivo unha grande fama e importante recoñecemento mundial, e recibía condecoracións de parte de diversas entidades. pero pouco a pouco a verdade foi saíndo á luz e Daguerre recoñecería a parte correspondente a Niepce.