Mar de Laptev: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Clima: algo máis desde a wiki .en
→‎Historia: texto traducido desde a wiki .es:Mar_de_Láptev#Historia
Liña 81:
Laptev sea.JPG|O cortador sobre un coxín de aire Hivus-10 no mar de Láptev
</gallery>
== Historia ==
 
En 1712, [[Yakov Permyakov]] e o seu compañeiro Merkury Vagin exploraron a parte oriental do mar de Laptev e descubriron a [[Bolshoy Lyakhovsky|illa Gran Lyakhovsky]]. Permyakov e Vagin foron asasinados no camiño de regreso polos membros amotinados da expedición.
 
En 1735, o explorador ruso de Siberia [[Vasili Pronchishchev]] navegou desde a cidade de [[Yakutsk]] ata o [[río Lena]] no seu balandro ''Yakutsk''. Explorou a costa oriental do delta do Lena, e detívose para invernar na desembocadura do [[río Oleniok]]. Lamentablemente moitos dos membros da súa tripulación caeron enfermos e morreron, debido principalmente ao [[escorbuto]]. A pesar de todas as dificultades, chegou á costa oriental da península de Taimyr en 1736 e dirixiuse ao norte cartografiando a súa costa. Pronchishchev e a súa esposa María (tamén coñecida como Tatyana Feodorovna) sucumbiron ao escorbuto e morreron no camiño de regreso.
 
Durante 1739-42, no marco da [[segunda expedición a Kamchatka]], o explorador do ártico ruso e vicealmirante [[Dmitry Laptev]] describiu a costa desde a desembocadura do río Lena, ao longo dos golfos Buor-Khaya e do río Yana, ata o estreito que agora leva o seu nome, [[estreito de Dmitry Laptev]]. Como parte da mesma expedición, un primo de Dmitry, Jaritón Laptev, liderou unha campaña de recoñecemento da costa da península de Taimyr, partindo da desembocadura do río Khatanga.
 
En 1892-94, e novamente entre 1900-02, o barón [[Eduard Toll]] explorou o mar de Laptev no curso de dúas expedicións. Toll levou a cabo estudos xeográficos e xeolóxicos na zona en nome da Academia Imperial de Ciencias de Rusia. Na súa última expedición Toll desapareceu fronte ás illas de Nova Siberia en circunstancias misteriosas.
 
Durante a época soviética, as zonas costeiras o mar de Laptev experimentaron un limitado auxe debido aos primeiros convois de crevaxeos que navegaban a [[Ruta do Mar do Norte]] e así mesmo pola creación da Dirección da Ruta do Mar do Norte. [[Tiksi]] tivo un activo aeroporto e o porto de Nordvik, ao oeste, converteuse nunha «crecente cidade».<ref>William Barr, ''The First Soviet Convoi to the Mouth of the Lena''.</ref>
 
Despois da desintegración da Unión Soviética, a navegación comercial no Ártico siberiano entrou en declive no decenio de 1990. Transporte marítimo máis ou menos regular soamente atópase partindo de [[Múrmansk]] ata [[Dudinka]], no oeste; e entre [[Vladivostok]] e [[Pevek]], no afastado leste do país. Os portos entre Dudinka e Pevek están próximos a ver desaparecer toda navegación. Logashkino e Nordvik foron abandonados e agora son [[despoboado|pobos pantasma]].
 
==Notas==