Richard Mulcahy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativas a "sen embargo"
Liña 12:
El e [[Michael Collins (político)|Michael Collins]] foron os artífices da campaña militar contra o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|goberno británico]] durante a [[Guerra da Independencia Irlandesa]]. En [[1919]] contraeu matrimonio con Mary Josephine Ryan, irmá de [[James Ryan]] e de Kate e Phyllis Ryan, esposas sucesivas de [[Seán O'Kelly]]. Ambos homes acabaron formando parte dos gobernos do [[Fianna Fáil]].
 
Trala sinatura do [[Tratado Anglo-Irlandés]] de [[1921]], Mulcahy uniuse aos pro-tratadistas e foi nomeado Comandante en Xefe do exército do Goberno Provisional durante a [[Guerra Civil Irlandesa]]. Súa foi a orde de executar a aqueles activistas anti-tratado aos que se encontrara portando armas, sendo un total de 77 prisioneiros executados polo Goberno Provisional. Mulcahy ocupou despois o cargo de Ministro da Guerra do [[Estado Libre Irlandés]] entre xaneiro e marzo de [[1924]], mais dimitiu tralas críticas recibidas polo goberno sobre a súa xestión do coñecido como "motín do exército", protagonizado polos militares veteranos que foron desmovilizados ao concluír a guerra civil. Sen embargoPorén volveu entrar no goberno en [[1927]] á fronte do Ministerio de Goberno Local e Saúde Pública.
 
== Vida política posterior ==
Liña 24:
Mulcahy tivo que enfrontarse daquela á tarefa de revivir un partido que non gañara unhas eleccións dende [[1932]]. Nas súas primeiras eleccións como líder do partido, preparou unha lista rexuvenecida. Conseguiu apartar a imaxe de antipatía de Cosgrave viaxando polo país e conseguindo levar novos aires ao Fine Gael. Aínda que isto serviu para deter o declive do partido, as súas expectativas de futuro aínda non estaban claras.
 
Tralas eleccións de [[1948]] subiu ao poder o primeiro [[goberno de coalición]] da historia de Irlanda. O [[Fine Gael]], o [[Partido Laborista (Irlanda)|Partido Laborista]], o [[Partido Nacional do Traballo]], [[Clann na Poblachta]] e [[Clann na Talmhan]] se uniron para desprazar ao [[Fianna Fáil]] do poder. A posibilidade dun pacto fora suxerida durante a campaña por algúns deputados independentes e outros do Fine Gael. Sen embargoPorén, foi Mulcahy quen decidiu poñer en práctica ese plan para tratar de lograr un goberno viable. Dado que o Fine Gael era o partido maioritario neste novo goberno, correspondeulle a elección do [[Taoiseach]], que parecía probable que recaera en Mulcahy. Mais os [[republicanismo irlandés|republicanos]] de Clann na Poblachta, liderados por [[Seán MacBride]], consideraban este nomeamento inaceptable debido ás execucións ordenadas por el durante a guerra civil. Sen o apoio dos republicanos, a coalición reducíase a 17 escanos da maioría absoluta, polo que Mulcahy decidiu retirarse e apoiar a candidatura do seu compañeiro de partido [[John Costello]], que se convertería no líder parlamentario del Fine Gael mentres que Mulcahy exercería funcións so nominais no partido.
 
Entre [[1948]] e [[1951]], Mulcahy ocupou o cargo de Ministro de Educación e Ciencia. Tralas eleccións de [[1954]], un novo goberno de coalición ocupou o poder e Mulcahy repetiu na carteira de Educación ata [[1959]]. En [[Outubro]] de [[1960]] anunciou aos seus compañeiros de Tipperary que non pensaba presentarse á reelección en [[1961]].