Ruptura sino-soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Portal|Rusia}}; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
 
== Mellora das relacións ==
Durante a década de 1970, a [[República Popular da China]] iniciou unha política de aproximación aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e ás potencias occidentais. Iso posibilitou ao goberno comunista chinés arrebatar a [[Taiwán]] o asento da China nas [[Nacións Unidas]] e lograr finalmente o recoñecemento diplomático da maioría dos países occidentais, que até entón recoñecían o réxime taiwanés de [[Chiang Kai Chek-shek]] como o goberno lexítimo da China.
 
As relacións coa URSS, porén, non se destensarían até a década de 1980, cando o líder soviético [[Mikhail Gorbachov]] iniciou un proceso de apertura que o levou a visitar China en [[1989]], nun momento en que a China enfrontaba grandes dificultades internas (protestas da praza de Tian'anmen) e a Unión Soviética comezaba a mostrar os síntomas de descomposición que terminarían coa súa disolución en [[1991]] en quince repúblicas independentes. [[Rusia]], o maior dos Estados resultantes, mantivo desde entón unhas relacións moito máis cordiais coa República Popular chinesa, toda vez que Rusia abandonaba a ideoloxía comunista e, polo tanto, desaparecía a rivalidade ideolóxica e estratéxica polo liderado do comunismo.