Diferenzas entre revisións de «Mao Tse Tung»

sen resumo de edición
m (→‎Teoría política: arranxiño)
{{Contén texto chinés}}
 
'''Mao Tse Tung''',<ref>Forma de maior tradición, segundo a romanización [[Wade-Giles]].</ref> ou '''Mao Zedong''',<ref>Segundo a romanización [[pinyin]] simplificada.</ref> (en [[lingua chinesa|chinés simplificado]] 毛泽东, e 毛澤東 en tradicional, ''Máo Zédōng'' <small>([[pinyin]])</small>) nado o [[26 de decembro]] do [[1893]] e morto o [[9 de setembro]] de [[1976]], foi o máximo dirixente do [[Partido Comunista da China]] (PCCh) e da [[República Popular China]]. Baixo o seu [[liderado]], o [[Partido Comunista]] fíxose co poder na [[China continental]] en [[1949]], cando se proclamou a nova República Popular, trala vitoria na [[Guerra civil chinesa|Guerra Civil]] contra as forzas da [[República da China (1912-1949)|República da China]]. A vitoria comunista provocou a fuxida de [[Chiang Kai Chek-shek]] e os seus seguidores do [[Kuomintang]] a [[Taiwán]] e converteu a Mao no líder máximo de China ata a súa morte en 1976.
 
No plano ideolóxico, Mao asumiu as formulacións do [[Leninismo|marxismo-leninismo]] pero con matices propios baseados nas características da sociedade chinesa, moi diferente da europea. En particular, o [[comunismo]] de Mao outorga un papel central á clase campesiña como motor da revolución, formulación que difire da visión tradicional marxista-leninista da [[Unión Soviética]], que vía aos campesiños como unha clase con escasa capacidade de mobilización e adxudicaba aos traballadores urbanos o papel central na loita de clases.
[[Ficheiro:Mao_Zedong_1913.jpg|miniatura|Mao en 1913]]
[[Ficheiro:Mao1927.jpg|miniatura|Mao Tse Tung en 1927.]]
Mao era fillo dun granxeiro acomodado establecido en [[Shaoshan]] ([[Hunan]]), coidado pola familia da nai durante a súa infancia<ref>Clements, Jonathan (2006) ''Mao Zedong'' London:Haus Publising, p.1</ref>, traballou logo na granxa de seu pai comezando a escola aos oito anos, seguindo o canon clásico [[confucionismo|confucionista]] dos cinco clásicos que só fixo impacto nel de xeito negativo<ref>Terrill Ross (1999) ''Mao. A Biography'' Stanford:Stanford University Press, p. 35</ref> converténdose nun lector voraz <ref>Feigon, Lee (2002). Mao: A Reinterpretation. Chicago: Ivan R. Dee, p. 15</ref>. En 1909 foi á cidade de [[Changsha]] para comezar os seus estudos de secundaria nun novo tipo de escola de estilo máis occidental<ref>Karl, Rebecca (2010)''Mao Zedong and China in the Twentieth-Century World: A Concise History'' Duke University Press, p. 7</ref>, influenciado polos sucesos da [[Revolución de Xinhai]] (1911) e do [[Movemento do Catro de Maio]] (1919) adoptou posicións [[nacionalismo chinés|nacionalistas]] e [[antiimperialismo|antiimperialistas]] e mentres traballaba na [[Universidade de Pequin]] achegouse ao marxismo-leninismo, converténdose nun dos primeiros membros do [[Partido Comunista da China]] (PCC) logo da súa fundación en [[1921]], chegando axiña a posicións de mando. En 1922 os comunistas chegaron a un acordo co [[Kuomintang]], un partido nacionalista revolucionario con máis peso na época; Mao axudou na creación dun exército campesiño e organizou a reforma agraria. En 1927 o líder militar do KMT, [[Chiang Kai Chek-shek]] puxo fin á alianza e realizou unha purga dos elementos comunistas, asemade o PCC formou cos elementos fieis a súa propia milicia, o que conduciu á [[Guerra Civil chinesa|guerra civil]]. Mao foi responsable do comando dunha parte do [[Exército Popular de Liberación]], e logo de varios reveses, ascendeu ao poder no partido tras dirixir a [[Longa Marcha]]. Cando o [[Imperio do Xapón]] invadiu China en 1937 e deu comezo a [[Segunda Guerra Sino-Xaponesa]], Mao concordou co KMT unha [[Segunda Fronte Unida|fronte unida]] que se saldou coa vitoria do CPC-KMT en 1945. Logo estoupou de novo a guerra civil, na cal Mao dirixiu o Exército Popular logrando a vitoria e proclamando Mao a fundación da República Popular da China, un estado socialista de partido único controlado polo PCC, mentres Chiang e os seus seguidores procuraron refuxio en [[Taiwán]]. Mao logo da [[Campaña de Supresión dos Contrarrevolucionarios]] realizou a [[reforma agraria]] coas terras dos antigos señores [[feudalismo|feudais]] dividíndoas entre as [[comuna popular|comunas populares]] e estableceuse un culto á personalidade baseado na súa persoa<ref>Breslin, Shaun (1998) ''Mao'' Essex:Pearson Education, pp 110 e ss.</ref>. Entre 1958 e 1961 dirixiu a campaña coñecida como o [[Gran Salto Adiante]] deseñado para modernizar e industrializar o país, non obstante os problemas agrarios empeoraron polas súas políticas e houbo fame no país. En 1966 iniciou a [[Revolución Cultural]], un programa para eliminar os elementos contrarrevolucionarios na sociedade chienesa, que continuou ata a súa morte.
 
Unha figura fondamente controvertida, está considerado un dos individuos máis importantes na historia do mundo contemporáneo.<ref>{{Cita web|work=The Oxford Companion to Politics of the World|url=http://www.oxfordreference.com/pages/samplep02|title=Mao Zedong|accessdate=August 23, 2008}}</ref> Os seus partidarios gaban o seu pulo modernizador que levou a China a se converter nun dos poderes mundiais, a promoción do status da muller, a expansión da educación e da saúde, o aumento da esperanza de vida e a consecución da vivenda universal.<ref>Gao, Mobo (2008). The Battle for China's Past: Mao and the Cultural Revolution. London: Pluto Press, p. 81</ref><ref name="China 2010, pp. 327">''The Cambridge Illustrated History of China'', by Patricia Buckley Ebrey, Cambridge University Press, 2010, ISBN 0-521-12433-6, pp. 327</ref> aínda que China case dobrou a súa poboación durante o liderado de Mao,<ref>''Atlas of World History'', by Patrick Karl O'Brien, Oxford University Press US, 2002, ISBN 0-19-521921-X, pp 254, [http://books.google.com/books?id=ffZy5tDjaUkC&pg=PA254&dq=China's+population+almost+doubled+during+the+period+of+Mao's+leadership&hl=en&sa=X&ei=Clu5UMG6H4j28wTk2oDQDQ&ved=0CDAQ6AEwAA#v=onepage&q=China's%20population%20almost%20doubled%20during%20the%20period%20of%20Mao's%20leadership&f=false link]</ref> de 550 a 900 millóns.<ref name="China 2010, pp. 327"/> Como resultado, Mao aínda está considerado por moitos chineses coma un grande estratego político e militar e o salvador da nación. Os maoístas tamén promoven o seu papel como teórico, home de estado, poeta e visionario, que inspirou movementos revolucionarios ao longo do globo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Short|2001|p=630}} "''Mao had an extraordinary mix of talents: he was visionary, statesman, political and military strategist of cunning intellect, a philosopher and poet.''"</ref> Pola contra, para os seus críticos, foi un [[ditador]] que dirixiu un estado que sistematicamente violaba os [[dereitos humanos]], e que causou entre 40 e 70 millóns de mortos por medio da fame, os [[traballos forzados]] e execucións.<ref name="deathtoll">{{Cita Harvard sen parénteses|Short|2001|p=631}}</ref><ref>[[R. J. Rummel|Rummel, R. J.]] ''[http://www.hawaii.edu/powerkills/NOTE2.HTM China's Bloody Century: Genocide and Mass Murder Since 1900]'' [[Transaction Publishers]], 1991. ISBN 0-88738-417-X p. 205: In light of recent evidence, Rummel has increased Mao's [[democide]] toll to [http://democraticpeace.wordpress.com/2008/11/24/getting-my-reestimate-of-maos-democide-out/ 77 million]; [[Daniel Jonah Goldhagen]]. ''Worse Than War: Genocide, Eliminationism, and the Ongoing Assault on Humanity.'' [[PublicAffairs]], 2009. ISBN 1-58648-769-8 p. 53: "...&nbsp;the Chinese communists' murdering of a mind-boggling number of people, perhaps between 50 million and 70 million Chinese, and an additional 1.2 million Tibetans."</ref>
209.065

edicións