Jean-Baptiste Lamarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Correccións. Revisalas.
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 158:
Lamarck dixo claramente: se a tendencia á complexificación fose a única a actuar, a progresión da composición dos animais sería regular. É unha cuestión sobre a cal se volve moitas veces; especialmente para explicar que na natureza non hai unha ''escala regular dos seres'', senón unicamente unha gradación por "grandes masas"; no interior destas "grandes masas" os seres non respectan unha gradación lineal, pero teñen unha diversidade que é consecuencia da diversidade das circunstancias coas que topa a tendencia á complexificación. As circunstancias son pois responsábeis da diversidade das especies e, ao mesmo tempo, son perturbacións da regularidade da "orde natural", que non aparece máis que nas súas grandes liñas.
 
A influencia das circunstancias é máis ou menos marcada segundo as partes do ser que toca. Canto menos esencial sexa un órgano para a vida, máis facilmente poderá variar segundo as circunstancias, e máis as súas transformacións se alnogaránafastarán nunha complexificación lineal. Especialmente no caso de órganos que están en relación directa coas circunstancias exteriores. Os órganos nos que o funcionamento é puramente interno, sen relación directa co medio exterior, serán menos facilmente modificados polas circunstancias. Como frecuentemente estes órganos son os máis importantes, esta constatación é útil para a [[clasificación]] das formas vivas, porque permite determinar o que nelas é esencial e o que é accidental.
 
Nos animais, polo menos nun animal un pouco evolucionado, as circunstancias externas non actúan directamente. As novas circunstancias crean novas necesidades; estas promoven novas accións do animal, que acaban sendo novos hábitos e modifican o seu corpo segundo o principio "a función fai ao órgano" (aínda que Lamarck non o formulase así nunca); esta modificación chega a ser hereditaria en certas condicións. As circunstancias non poden pois máis que poñer en funcionamento unha acción, pero non modificar directamente a organización corporal (como entre os vexetais); e é esta acción a que, repetida, modifica o corpo. Inversamente, a pouca ou nula utilización dun órgano, non só o debilita, senón que o fai desaparecer. Lamarck dá, pois, a prioridade ás necesidades, non aos órganos.
Liña 185:
Lamarck, en toda a súa obra, non propuxo ningunha teoría da herdanza, non fixo máis que retomar as ideas correntes entre os sabios da súa época sobre o tema. Lamarck non teorizou, máis do que os seus predecesores, esta transmisión, non fixo máis que integrala, sen discutila, na súa propia teoría da evolución, como amosa nesta cita:
{{cita|4° lei: ''Todo o que foi adquirido, deseñado ou cambiado na organización dos individuos durante o curso da súa vida, consérvase para a xeración, e transmítese aos novos individuos que proveñen dos que experimentaron estes cambios. Esta lei, sen a cal a natureza non podería nunca diversificar os animais, como fixo, establece entre eles unha progresión na composición da súa organización e nas súas facultades, está expresada así na miña ''Philosophie zoologique'' (vol. I, p. 230). "Todo o que a natureza fixo adquirir ou perder aos individuos pola influencia das circunstancias nas que a súa raza se encontrou exposta durante moito tempo e, por conseguinte, pola influencia do emprego predominante de tal órgano, ou pola dun defecto constante de uso de tal parte, consérvase, pola xeración, nos nouvosnovos individuos que proveñen deles, sempre que os cambios adquiridos sexan comúns aos dous sexos, ou aos que produciron estes novos individuos". Esta expresión da mesma lei ofrece algúns detalles que será mellor reservar para o seu desenvolvemento e a súa aplicación, porque son a penas necesarios. En efecto, esta lei da natureza que fai transmitir aos novos individuos todo o que foi adquirido na organización, durante a vida dos que os producen, é tan verdadeiro, tan impresionante, tan atestiguadotestemuñado polos feitos, que non hai ningún observador que non se convencera da súa realidade". |''Histoire naturelle des animaux sans vertèbres'' (vol. I, p. 62)}}
 
En cambio, foi [[Charles Darwin]], na súa obra ''La variation des animaux et des plantes sous l'effet de la domestication'' (1868), quen teorizaría sobre esta transmisión dos caracteres adquiridos.<ref>Cf. André Pichot, ''Histoire de la notion de vie'', éd. Gallimard, coll. TEL, 1993</ref>.