Escocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/revogar
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativas a "sen embargo"
Liña 190:
=== Divisións administrativas ===
{{Artigo principal|Subdivisións de Escocia}}
As divisións históricas de Escocia son moi variadas, e inclúen os [[condado]]s, [[Duque|ducados]], ''[[burghs]]'' (cidades independentes con representación no [[Parlamento de Escocia]]) e [[Parroquia civil|parroquias]]. En [[1975]] púxose en funcionamento unha división en [[rexión]]s e [[distritos]] que sen embargoporén foi abolida en [[1996]]. Dende aquela, a efectos administrativos Escocia está dividida en 32 ''council areas'' ou "concellos",<ref>http://www.opsi.gov.uk/acts/acts1994/Ukpga_19940039_en_1.htm|título "Local Government etc. (Scotland) Act 1994"</ref> administradas por unha autoridade unitaria responsable de tódolos servizos locais. Os ''Community councils'' ("concellos comunitarios"), pola súa parte, son organizacións informais que representan a determinadas subdivisións dentro do concello.
 
Existen outras subdivisións distintas de Escocia para distintos fins. Así, ata o 1 de abril de 2013, os sistemas de [[bombeiro]]s e de [[policía]] aínda se baseaban na división en rexións introducida en [[1975]]. Para o sistema sanitario, para os distritos postais así como para outras organizacións gobernamentais e non gobernamentais, mantéñense subdivisións xeográficas diversas de longa tradición.