Voz en off: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=vez
Liña 18:
 
=== Como un recurso pedagóxico ou descritivo ===
A voz en off ten moitas aplicacións fóra da ficción tamén. Os telexornais están normalmente presentados como unha serie de clips de vídeo de acontecementos de interese periodístico (pezas informativas), coa voz en off dos xornalista explicando o significado das imaxes presentadas; estes intercálanse con imaxes dos presentadores describindo as historias mentres non se ve o vídeo dos acontecementos.
 
As retransmisións deportivas en directo tamén empregan a miúdo voces en off feitas por locutores expertos, que narran as xogadas sobre o vídeo do evento deportivo.
 
Os concursos de televisión antigamente facían un amplo uso da voz en off para presentar concursantes e describir os premios dispoñibles ou concedidos, pero esta técnica non se leva moito agora debido a que os concursos ofrecen premios predominantemente de diñeiro en efectivo.