Poríferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *vivintes
Liña 18:
}}
As '''esponxas''' ou '''poríferos''' (''Porifera'') son un [[filo]] de [[animalia|animais]] [[invertebrado]]s acuáticos que se encontran dentro do subreino dos [[parazoos]]. Existen máis de 5.000 especies de esponxas no mundo, das cales 150 viven en auga doce. Estableceuse que estes animais existían no [[Precámbrico]] anterior, aínda que foron recoñecidos no [[século XVIII]].
 
Durante moitos anos consideráronse [[planta]]s pero posteriormente, ó observar que no seu interior aparecían correntes de auga, foron considerados animais (arredor do ano [[1825]]).
 
Liña 116 ⟶ 117:
Os simplasmas comprenden unicamente a clase das [[hexactinélidas]]; son poríferos de organización sinxela, en forma de [[sincitial]], aínda que amosan a coexistencia de tipos celulares como arqueocitos e células esferulosas; o ectosoma non posúe pinacocitos diferenciados e non amosan contractibilidade, é dicir non ten miocitos. Os celulares reúnen as clases [[Calcispongiae|calcáreas]] e [[demosponxas]], as cales presentan unha organización celular definida, con pinacocitos e coanocitos individualizados, e diversos tipos de células ameboides na [[mesoglea]].
 
En canto á filoxenia do filo, nun principio, unha característica diagnóstica dos poríferos era a presenza de espículas. Por iso, certos grupos fósiles con organización de esponxa actual foron colocados fóra do filo Porifera. En particular, grupos con esqueleto calcário sólido como [[Arqueociatos]], [[Caetétidos]], [[Esfinctozoos]], [[Estromatoporoides]] e [[Receptacúlidos]] son problemáticos. O descubrimento dunhas quince especies vivintesviventes con esqueleto calcário sólido, ten axudado moito a comprender a filoxenia dos poríferos. Estas especies posúen formas diversas e deberían clasificarse cos Caetétidos, Esfinctozoos e Estromatoporoides se se atoparan como fósiles. Non obstante, co estudio do material vivo, as características histolóxicas, citolóxicas e larvarias amosan claramente que esas quince especies poden situarse entre as esponxas ''Calcispongiae'' ou entre as demosponxas. Polo tanto, as formas fósiles correspondentes, moi abundantes, tamén encaixarían nunha destas dúas clases.
 
Está amplamente aceptado entre os especialistas que as calcarias e as demosponxas están máis estreitamente relacionadas entre si que coas hexactinélidas. Co descubrimento das quince formas vivintesviventes antes mencionadas, foi creada unha cuarta clase, as esclerosponxas. Non obstante, trátase dun grupo [[polifilético]] que debería ser abandonado, segundo Chombard, ''et al''. Os Arqueociatos representan un caso especial. Non existen representantes vivos, aínda que a súa organización pode referirse á das actuais esponxas. A análise filoxenética realizada por Reitner & Mehl colócaos como [[grupo irmán]] das Demosponxas. Polo tanto, os Arqueociatos perderían a súa categoría de filo e pasarían a ser unha clase dentro das esponxas.
 
== Véxase tamén ==