Mar de Kara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 98:
 
Actualmente hai preocupación polos niveis de residuos nucleares que a antiga [[Unión Soviética]] vertió no mar, que incluíron seis submarinos nucleares e dez [[Reactor nuclear|reactores nucleares]], e o efecto que iso terá no medio mariño. Unha avaliación do [[Organismo Internacional de Enerxía Atómica]] mostrou que as emisións son baixas e localizadas.
 
== Reserva Natural ==
A [[Gran Reserva Natural do Ártico]] -a maior reserva natural de Rusia e de toda Europa- foi declarada o 11 de maio de 1993 pola resolución nº 431 do goberno da Federación de Rusia.
 
A sección das illas do mar de Kara (4.000 km²) da Gran Reserva Natural do Ártico inclúe as [[illas Kirov]], [[illa Voronina]], [[illas Izvesttadaliy TSIK]], illas do Instituto Ártico, [[illa Svordrup]], [[illa Ensomheden]] e unha serie de illas menores. Esta sección representa case totalmente a diversidade natural e biolóxica das illas do mar Ártico da parte oriental do mar de Kara.
 
==Véxase tamén==