Escudo da Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Escudo provincial: Arranxos varios
Jglamela (conversa | contribucións)
Amplío
Liña 8:
A caveira e as canelas cruzadas que aparecen no escudo aluden ao relato mítico da fundación da cidade. Segundo a lenda, no lugar no que actualmente se atopa a cidade da Coruña, [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]] venceu e cortou a cabeza do seu inimigo, o rei [[Xerión]], que chegara dende [[Troia]]. Hércules decidiu soterrar a testa e ergueu no lugar a primitiva torre como recoñecemento ao seu rival.
 
== Historia ==
A Torre de Hércules é o elemento central do escudo da cidade da Coruña desde 1521.
A primeira imaxe que se conserva do escudo aparece nun selo dunha carta de seguro emitida a favor do portugués Martiño González o 22 de outubro de 1448. No selo aparece a Torre de Hércules cun farol saíndo dela cunha cuncha de vieira a cada lado. As vieiras, que xa aparecían nas moedas emitidas pola [[Real Casa da Moeda da Coruña|Casa da Moeda da Coruña]], posiblemente só aparezan cunha función estética.<ref>{{cita libro|título=Historia de A Coruña|nome=José Mª et al.|apelidos=Bello|editorial=Vía Láctea|data=2001|isbn=84-89444-85-4}}</ref>
 
O escudo en pedra máis antigo que se coñece procede do Hospital do Bo Suceso e consérvase no [[Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón|Museo Arqueolóxico]].<ref>{{cita libro|título=La Coruña a través del tiempo|nome=Jesús María|apelidos=Reiriz Rey|lugar=A Coruña|data=1999|editorial=Internós|lingua=es|isbn=84-931215-0-9}}</ref>
 
Nun manuscrito do século XVI aparece a torre arrodeada de oito cunchas e baixo ela a cabeza coroada de Xerión. Nun escudo atopado en 1929 na [[rúa Real (A Coruña)|rúa Real]] que se conserva no [[palacio de María Pita]] substituíuse a cuncha superior por un cáliz e a cabeza aparece en vertical. A partir do século XVII en lugar da cabeza coroada aparece unha caveira á que se lle engadiron dúas tibias.<ref name="torre">{{cita libro|título=Coruña y Torre: Roma y la Ilustración en La Coruña|data=1991|lingua=es|editorial=Concello da Coruña}}</ref>
 
== Escudo provincial ==
Extiste unha versión do escudo da Coruña, usado como escudo [[Provincia da Coruña|provincial]], baseado no escudo do século XVI,<ref name="torre"/> no que se introduciron pequenas modificacións.
 
Posúe a seguinte descrición heráldica: En campo de azur, a Torre de Hércules na súa cor sobre un penedo arrodeado das ondas do mar de prata e azur, brochante sobre a pena, a testa caída do lendario rei Xerión, de carnación, coroada de ouro, coa boca e mailo pescozo ensanguentados, todo isto acompañado de seis vieiras de ouro. Timbre: Coroa real pechada.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Escudos da provincia da Coruña| ]]
[[Categoría:A Coruña]]