Mar de Kara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Illas: algo máis desde a wiki .en:Kara_Sea#Islands
m →‎Historia: arranxiño
Liña 85:
En 1736-37, o almirante ruso [[Stepan Malygin]] levou a cabo unha viaxe á [[illa Dolgiy]] no [[mar de Barents]]. Os dous buques desta primeira expedición foron a ''Perviy'', con Malygin ao mando e a ''Vtoroy'', capitaneada polo capitán A. Skuratov. Despois de entrar no pouco explorado mar de Kara, navegaron ata a desembocadura do río Obi. Malygin tomou coidadosas observacións da ata ese entón case descoñecida zona da costa ártica de Rusia. Con este coñecemento foi capaz de trazar o primeiro mapa preciso das beiras do Ártico entre o [[río Pechora]] e o río Obi.
 
En 1878 o explorador sueco [[Adolf Erik Nordenskiöld]], partindo desde [[Gotemburgo]] no barco ''[[Vega (barco)|Vega]]'', navegou ao longo da costa siberiana, cruzou o mar de Kara, e a pesar das bolsas de xeo, logrou alcanzar os 180° de lonxitude a principios de setembro. Atrapado polo xeo no inverno no [[mar de Chukchi]], Nordenskiöld esperou e fixo trocos co pobo local, os [[chukchichukchis]]. O verán seguinte o Vega quedou libre e conseguiu chegar a [[Iocoama]], no Xapón. Converteuse no primeiro navegante que franqueó o [[paso do Nordeste]]. O maior grupo de illas do mar de Kara, o arquipélago Nordenskiöld, leva o seu nome na súa honra.
 
1912 foi un ano tráxico para os exploradores rusos do Ártico. Nese fatídico ano o mar non se desconxelou totalmente e grandes témpanos de xeo bloquearon a ruta do nordeste. Tres expedicións que querían cruzar o mar de Kara quedaron atrapadas e non sobreviviron: a de [[Georgy Sedov]], no buque ''Foka''; a de [[Georgy Brusilov]], no ''Santa Ana''; e a de [[Vladimir Rusanov]], no ''Gercules''. Sedov tiña a intención de chegar á [[Terra de Francisco Xosé]] en barco, deixar un depósito alí e nunha [[zorra]] alcanzar o [[Polo norte]]. Debido á gran cantidade de xeo atopado o primeiro verán, o buque só puido chegar a [[Nova Zembla]] e invernou na Terra de Francisco Xosé. En febreiro de 1914 Sedov dirixiuse ao Polo con dous tripulantes e tres zorras, pero caeu enfermo e morreu na [[illa Rudolf]].