Mar de Kara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: texto traducido desde a wiki .es:Mar_de_Kara#Historia
m →‎Historia: arranxiños
Liña 84:
En 1878 o explorador sueco [[Adolf Erik Nordenskiöld]], partindo desde [[Gotemburgo]] no barco ''[[Vega (barco)|Vega]]'', navegou ao longo da costa siberiana, cruzou o mar de Kara, e a pesar das bolsas de xeo, logrou alcanzar os 180° de lonxitude a principios de setembro. Atrapado polo xeo no inverno no [[mar de Chukchi]], Nordenskiöld esperou e fixo trocos co pobo local, os [[chukchi]]. O verán seguinte o Vega quedou libre e conseguiu chegar a [[Iocoama]], no Xapón. Converteuse no primeiro navegante que franqueó o [[paso do Nordeste]]. O maior grupo de illas do mar de Kara, o arquipélago Nordenskiöld, leva o seu nome na súa honra.
 
1912 foi un ano tráxico para os exploradores rusos do Ártico. Nese fatídico ano o mar non se desconxelou totalmente e grandes témpanos de xeo bloquearon a ruta do nordeste. Tres expedicións que querían cruzar o mar de Kara quedaron atrapadas e non sobreviviron: a de [[Georgy Sedov]], no buque ''Foka''; a de [[Georgy Brusilov]], no ''Santa Ana''; e a de [[Vladimir Rusanov]], no ''Gercules''. Sedov tiña a intención de chegar á [[Terra de Francisco Xosé]] en barco, deixar un depósito alí e ennunha trineo[[zorra]] alcanzar o [[Polo norte]]. Debido á gran cantidade de xeo atopado o primeiro verán, o buque só puido chegar a [[Nova Zembla]] e invernou na Terra de Francisco Xosé. En febreiro de 1914 Sedov dirixiuse ao Polo con dous tripulantes e tres trineoszorras, pero caeu enfermo e morreu na [[illa Rudolf]].
 
Brusilov trataba de navegar a través do paso do Nordeste, cando foi atrapado polo xeo no mar de Kara e arrastrado á deriva, cara ao norte, durante máis de dous anos, ata chegar a unha latitude de 83°17 N. Trece homes, encabezados por [[Valerian Albanov]], saíron do barco e comezaron a camiñar polo xeo a través da Terra de Francisco Xosé, pero só Albanov e un mariñeiro ([[Alexander Konrad]]) sobreviviron despois dun horrible calvario de tres meses. No mesmo ano a expedición de Rusanov perdeuse no mar de Kara. A ausencia prolongada de noticias sobre estas tres expedicións espertou a atención do público, e organizáronse algunhas pequenas expedicións de rescate, incluíndo cinco voos sobre o mar e o xeo, desde a costa noroeste de [[Nova Zembla]], do pioneiro piloto [[Jan Nagórski]].