Mar de Kara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Illas: texto traducido desde a wiki .es:Mar_de_Kara#Islas
→‎Historia: texto traducido desde a wiki .es:Mar_de_Kara#Historia
Liña 73:
 
O grupo máis numeroso de illas do mar de Kara é, con moito, o [[arquipélago Nordenskiöld]], con cinco grandes subgrupos e máis de noventa illas. Outras illas importantes son [[illa Bely]], [[illa Dikson]], [[illa Taymyr]], [[illas Kamennyye]] e [[illa Oleni]].
== Historia ==
O mar de Kara era antigamente coñecido como ''Océano Scythicus'' ou ''Mare Glaciale'' e aparece xa, con estes nomes, nos antigos mapas do século XVI. Dado que está pechado polo xeo a maior parte do ano mantívose en gran parte inexplorado ata finais do século XIX.
 
En 1556 [[Stephen Borough]] (1525-84), navegou no ''Searchthrift'' para tratar de chegar ao [[río Obi]], pero foi detido polo xeo e a néboa á entrada do mar de Kara. Ata 1580 non houbo outra expedición inglesa, a de [[Arthur Pet]] e [[Charles Jackman]], que tentaba atopar o [[paso do Nordeste]], un paso cara ao Pacífico, tamén fracasou feito polo que en Inglaterra se perdeu o interese na procura de tal paso.
 
Ese interese foi recobrado a finais do século XVI polas [[Provincias Unidas dos Países Baixos]], que enfrascadas na [[Guerra de Flandres|guerra dos oitenta anos]] contra España, buscaban unha ruta marítima entre o mar do Norte, bordeando a costa norte de Rusia, que lles permitira chegar o Extremo Oriente e dese modo alcanzar as Indias Orientais, onde tiñan intereses comerciais, sen utilizar a ruta tradicional rodeando Europa e África, controlada por España. En 1594, preparouse unha frota de catro barcos, desde a cidade de [[Enkhuizen]], ao mando de [[Cornelis Nay|Cornelis Corneliszoon Nay]] ao que acompañaban outros dous famosos navegante, [[Jan Huygen van Linschoten]] e [[Willem Barents]]. Nay conseguiu superar o estreito de Vaygach e penetrar no mar de Kara. Ao ano seguinte, 1595, Nay volveu ao mando dunha gran frota de sete barcos, pero atoparon o estreito conxelado e tiverón que desistir. Barents comandou un terceiro e último intento en 1596, con só dous barcos, co que tampouco logrou atravesar o estreito. Tras tentar bordear o extremo norte da illa de Nova Zembla, o seu barco quedou atrapado no xeo o 11 de setembro. Tras pasar ese inverno na illa, tentaron regresar ao ano seguinte nos botes, perdendo Barents a vida nesa viaxe de volta. Os Países Baixos tamén desistiron de atopar a ruta marítima do Norte.
 
En 1736-37, o almirante ruso [[Stepan Malygin]] levou a cabo unha viaxe á [[illa Dolgiy]] no [[mar de Barents]]. Os dous buques desta primeira expedición foron a ''Perviy'', con Malygin ao mando e a ''Vtoroy'', capitaneada polo capitán A. Skuratov. Despois de entrar no pouco explorado mar de Kara, navegaron ata a desembocadura do río Obi. Malygin tomou coidadosas observacións da ata ese entón case descoñecida zona da costa ártica de Rusia. Con este coñecemento foi capaz de trazar o primeiro mapa preciso das beiras do Ártico entre o [[río Pechora]] e o río Obi.
 
En 1878 o explorador sueco [[Adolf Erik Nordenskiöld]], partindo desde [[Gotemburgo]] no barco ''[[Vega (barco)|Vega]]'', navegou ao longo da costa siberiana, cruzou o mar de Kara, e a pesar das bolsas de xeo, logrou alcanzar os 180° de lonxitude a principios de setembro. Atrapado polo xeo no inverno no [[mar de Chukchi]], Nordenskiöld esperou e fixo trocos co pobo local, os [[chukchi]]. O verán seguinte o Vega quedou libre e conseguiu chegar a [[Iocoama]], no Xapón. Converteuse no primeiro navegante que franqueó o [[paso do Nordeste]]. O maior grupo de illas do mar de Kara, o arquipélago Nordenskiöld, leva o seu nome na súa honra.
 
1912 foi un ano tráxico para os exploradores rusos do Ártico. Nese fatídico ano o mar non se desconxelou totalmente e grandes témpanos de xeo bloquearon a ruta do nordeste. Tres expedicións que querían cruzar o mar de Kara quedaron atrapadas e non sobreviviron: a de [[Georgy Sedov]], no buque ''Foka''; a de [[Georgy Brusilov]], no ''Santa Ana''; e a de [[Vladimir Rusanov]], no ''Gercules''. Sedov tiña a intención de chegar á [[Terra de Francisco Xosé]] en barco, deixar un depósito alí e en trineo alcanzar o [[Polo norte]]. Debido á gran cantidade de xeo atopado o primeiro verán, o buque só puido chegar a [[Nova Zembla]] e invernou na Terra de Francisco Xosé. En febreiro de 1914 Sedov dirixiuse ao Polo con dous tripulantes e tres trineos, pero caeu enfermo e morreu na [[illa Rudolf]].
 
Brusilov trataba de navegar a través do paso do Nordeste, cando foi atrapado polo xeo no mar de Kara e arrastrado á deriva, cara ao norte, durante máis de dous anos, ata chegar a unha latitude de 83°17 N. Trece homes, encabezados por [[Valerian Albanov]], saíron do barco e comezaron a camiñar polo xeo a través da Terra de Francisco Xosé, pero só Albanov e un mariñeiro ([[Alexander Konrad]]) sobreviviron despois dun horrible calvario de tres meses. No mesmo ano a expedición de Rusanov perdeuse no mar de Kara. A ausencia prolongada de noticias sobre estas tres expedicións espertou a atención do público, e organizáronse algunhas pequenas expedicións de rescate, incluíndo cinco voos sobre o mar e o xeo, desde a costa noroeste de [[Nova Zembla]], do pioneiro piloto [[Jan Nagórski]].
 
Despois da [[revolución rusa de 1917]], a escala e o alcance da exploración do mar de Kara aumentou considerablemente como parte da labor de desenvolvemento da ruta do mar do Norte. Aumentou o número de estacións polares, cinco das cales xa existían en 1917, proporcionando informes meteorolóxicos, recoñecemento do xeo e instalacións de radio. En 1932 había 24 estacións, en 1948 ao redor de 80 e na década de 1970 máis de 100. O uso de rompexeos e, máis tarde, de aeronaves, xeneralizouse como plataformas para o traballo científico. En 1929 e 1930 o rompexeos Sedov levou grupos de científicos a [[Severnaya Zemlya]], a última gran peza de territorio non coñecido no Ártico soviético, e o arquipélago foi completamente cartografiado por [[Georgy Ushakov]] entre 1930 e 1932.
 
Particularmente dignos de mención son tres cruceiros do rompexeos ''Sadko'', que pasaron máis ao norte que a maioría; en 1935 e 1936 as últimas zonas inexploradas no norte do mar de Kara foron examinadas e a pequena e recóndita [[illa Ushakov]] foi descuberta.
 
No verán de 1942 varios submarinos e buques de guerra alemáns da [[Kriegsmarine]] entraron no mar de Kara a fin de destruír a maior cantidade de buques rusos que fose posible, na campaña naval coñecida como «[[Operación Wunderland]]». O seu éxito estivo limitado pola presenza de témpanos de xeo, así como o mal tempo e a néboa, que protexeron máis eficazmente os buques soviéticos que o que eles mesmos puideron facelo en condicións meteorolóxicas máis adecuadas.
 
Actualmente hai preocupación polos niveis de residuos nucleares que a antiga [[Unión Soviética]] vertió no mar, que incluíron seis submarinos nucleares e dez [[Reactor nuclear|reactores nucleares]], e o efecto que iso terá no medio mariño. Unha avaliación do [[Organismo Internacional de Enerxía Atómica]] mostrou que as emisións son baixas e localizadas.
 
==Véxase tamén==