Abrir o menú principal

Cambios

→‎Xeografía: texto traducido desde a wiki .es:Mar_de_Kara#Geograf.C3.ADa
}}
O '''mar de Kara''' (en [[Lingua rusa|ruso]]:Карское море, ''Kárskoe more'') é un sector do [[océano Glacial Ártico]], localizado ao norte de [[Siberia]] ([[Rusia]]). Esténdese entre os [[arquipélago]]s de [[Nova Zembla]] e [[Terra do Norte]]. Ao sur ten como límite a costa setentrional de Siberia, na que destacan as [[Península de Yamal|penínsulas de Yamal]] e [[Península de Taimir|a de Taimir]].
 
== Xeografía ==
O mar de Kara está limitado ao oeste pola illa de [[Nova Zembla]], ao leste polas illas [[Severnaya Zemlya]], ao sur polo continente e ao norte por unha liña que partindo do [[cabo Kohlsaat]], na [[Illa Graham Bell]], discorre pola [[Terra de Francisco Xosé]] ata o [[cabo Molotov]] (cabo Ártico), o punto máis setentrional da [[illa Komsomolets]], no arquipélago de Severnaya Zemlya.
 
Está localizado entre o [[mar de Pechora]] -un brazo occidental do [[mar de Barents]]- ao oeste, co que está conectado polo [[estreito de Kara]], e o [[estreito Yugorsky]] e o [[mar de Laptev]] ao leste.
 
Mide aproximadamente 1.450 quilómetros de longo e 970 quilómetros de ancho cunha área de ao redor de 880.000 km<sup>2</sup> e unha profundidade media de 110 m, sendo a profundidade máxima a de 600 metros.
 
En comparación co [[mar de Barents]], que recibe relativamente as cálidas correntes do [[océano Atlántico]], o mar de Kara é moito máis frío, manténdose conxelado durante máis de nove meses ao ano: practicamente, só é navegable en [[xullo]] e [[agosto]]. As súas augas reciben as augas doces dos ríos [[Obi]] (5.410 km), [[Yeniséi]] (4.093 km), [[Río Piasina|Piasina]] (817 km) e [[Río Taimir|Taimir]] (640 km), polo que a súa salinidade é moi variable. Hai dous grandes golfos na zona, o [[golfo do Obi]] (de case 1000 km de lonxitude) e o [[golfo do Yeniséi]], máis pequeno.
 
A súa ribeira occidental pertence ao [[óblast de Arjánguelsk]], a central ao [[óblast de Tiumen]] e a oriental ao [[Krai de Krasnoyarsk]].
Os seus principais portos son [[Porto Novy]] e [[Dikson]], este último na boca do golfo do Yeniséi. O mar de Kara é unha importante zona de pesca, aínda que só dous meses ao ano. Ultimamente realizáronse importantes descubrimentos de [[petróleo]] e [[gas natural]] -unha extensión da conca petroleira de Siberia Occidental- aínda que aínda non foron desenvolvidos.
{{Lista de mares}}
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Kara}}
 
[[Categoría:Mares do Océano Ártico]]
101.306

edicións