Mao Tse Tung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños corrector
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *dictador
Liña 43:
No plano ideolóxico, Mao asumiu as formulacións do [[Leninismo|marxismo-leninismo]] pero con matices propios baseados nas características da sociedade chinesa, moi diferente da europea. En particular, o [[comunismo]] de Mao outorga un papel central á clase campesiña como motor da revolución, formulación que difire da visión tradicional marxista-leninista da [[Unión Soviética]], que vía aos campesiños como unha clase con escasa capacidade de mobilización e adxudicaba aos traballadores urbanos o papel central na loita de clases.
 
A etapa de goberno de Mao estivo caracterizada por intensas campañas de reafirmación ideolóxica, que provocarían grandes conmocións sociais e políticas en [[China]], como o [[Gran Salto Adiante]] e especialmente a [[Revolución Cultural]], momento no que o seu poder alcanzou as cotas máximas ao desenvolverse un intenso [[culto á personalidade]] en torno á súa figura. Aínda hoxe en día, o papel histórico de Mao está rodeado dunha gran controversia. Anos logo da súa morte, en 1981, o [[Partido Comunista da China]] publicou unha análise oficial sobre a responsabilidade de Mao nos problemas sociais e económicos derivados das súas políticas, no que se lle achacaban erros graves, aínda cando se recoñecía o seu papel como gran líder revolucionario e artífice da subida ao poder do [[Partido Comunista]]. Desde entón, o Partido Comunista da China mantivo esta valoración histórica de Mao como un gran líder, fonte de lexitimidade do propio partido, que con todo cometería algúns erros graves. Fóra da [[Democracia popular|República Popular]], as valoracións de Mao variaron desde a visión amable que o mostraba como un líder popular <ref>Esta visión amable de Mao fíxose bastante habitual en Occidente grazas ao libro do estadounidense [[Edgar Snow]] ''Red Star over China'' ("Estrela vermella sobre China"), publicado, antes da súa etapa máis sanguenta, en 1939.</ref> ata a percepción da súa etapa no poder como un exemplo de autoritarismo tiránico e brutal.<ref>Chang e Halliday (2006) consideran a Mao un dictadorditador tiránico, que sería responsable directo da morte de máis de 70 millóns de chinos.</ref><ref>[http://www.cienciapopular.com/n/Historia_y_Arqueologia/Genocidios_en_la_Humanidad/Genocidios_en_la_Humanidad.php].</ref><ref>[[Li Zhishui]] (1995), que afirmaba ser médico persoal de Mao, móstrao como un líder caprichoso e obsesionado co poder.</ref> A maior discrepancia entre estas visións contrapostas da figura de Mao refírese a cal sería o seu nivel de responsabilidade no fracaso de moitas das políticas radicais que se adoptaron durante o seu liderado, así como ás cifras de mortos como consecuencia, directa ou indirecta, desas campañas políticas (os máis alcistas falan de máis de 70 millóns,<ref>{{cita web |url=http://cultura.elpais.com/cultura/2006/04/19/actualidad/1145397602_850215.html |título=Capítulo I de "Mao: la historia desconocida"|editor= El País |lugar=Madrid) |dataacceso=20 de marzo de 2013 |apelido=Chang |nome=Jung |ligazónautor=Jung Chang |autor2=Halliday, Jon |data=19 de abril de 2006 |editorial=Taurus}}</ref> os máis baixistas dan 10 millóns {{cómpre referencia}}. Doutra banda entre 1949 e 1975 a esperanza de vida duplicouse: de 32 a 65 . A comezos dos anos 1970, [[Shanghai]] tiña unha taxa de mortalidade infantil menor que [[Nova York]].<ref>Penny Kane, The Second Billion (Nueva York: Penguin, 1987); Ruth e Victor Sidel, Serve the People: Observations on Medicine in the People's Republic of China (Nova York: Josiah Macy Jr. Foundation, 1973).</ref> Nunha xeración, a taxa de alfabetización subiu do 15 % en 1949 ao 80 % a mediados dos anos de 1970.<ref>Ruth Gamberg, Red and Expert (Nueva York: Schoken, 1977).</ref> Entre 1949 e 1976 China, o «enfermo de Asia», transformouse nunha potencia industrial importante, cunha taxa de desenvolvemento igualada soamente polos grandes auxes de crecemento da historia.<ref>S. Ishikawa, "China's Economic Growth Since 1949", China Quarterly, junio 1983; Raymond Lotta, "The Theory and Practice of Maoist Planning", en Maoist Economics and the Revolutionary Road to Communism (Nova York: Banner, 1994); Carl Riskin, "Judging Economic Development: The Case of China", Economic and Political Weekly, 8 de octubre de 1977.</ref>
 
En [[1961]] rompeu formalmente co comunismo soviético ao denunciar o revisionismo da URSS e do [[PCUS]]. Unha das campañas máis polémicas impulsadas por Mao foi a [[Revolución Cultural]] en 1966 para consolidar o [[maoísmo]].